¿Que é o Plan Ferrol, Eume e Ortegal?

O Plan de Desenvolvemento Integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal é un proxecto da Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Industria, para lograr que estas comarcas alcancen o nivel de desenvolvemento económico doutras zonas de Galicia.

  • As liñas de actuación do Plan céntranse nos seguintes alicerces:
  • Consolidación do sector eólico.
  • Desenvolvemento do sector turístico.
  • Potenciación do sector loxístico e desenvolvemento do porto exterior.
  • Desenvolvemento do sector da acuicultura.
  • Desenvolvemento do sector da biomasa.
  • Desenvolvemento do sector de biocombustibles.
  • Mantemento do sector naval e a industria auxiliar.
  • Dotación de chan industrial.
  • Mellora das infraestruturas.
  • Fomento de I+D+i.

¿Por qué un Plan especial para estas comarcas?

A principal industria de Ferrol e a súa área de influencia foi historicamente os estaleiros de construción naval militar e civil, así como a industria auxiliar que daba soporte a estes grandes estaleiros.Desde os anos 80, a construción naval ha vindo sufrindo diferentes reconversións que deron lugar á perda de miles de postos de traballo vinculados a este sector.
Para paliar esta perda de postos de traballo elaborouse un Plan especial, co claro obxectivo de dotar ás comarcas das infraestruturas necesarias para o seu desenvolvemento e establecer unha serie de incentivos e criterios de discriminación positiva para lograr atraer investimentos xeradoras de emprego.
A Asociación Impulsora do Plan Ferrol é unha entidade formada polas principais organizacións empresariais e sindicais das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, que decidiron sumar esforzos para colaborar coa Administración no desenvolvemento dun Plan Especial de reindustrialización e que mantén reunións periódicas coa Administración para facer o seguimento do avance das liñas de actuación propostas.

 

 

Compartir en redes sociais

Máis nesta categoría: Axudas Plan Ferrol »