Localización

No Noroeste de España, en conexión co Sur de Europa e na Costa Atlántica, xorden as oportunidades.

 Plan Ferrol Localizacion

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal sitúanse na costa Noroeste de Galicia, unha das 17 Comunidades Autónomas de España.

Ferrol
Bañada polo Atlántico e nun enclave de excepción, Ferrol é unha das principais urbes galegas, centro neurálxico, comercial elaboral da comarca que leva a súa mesmo nome, na provincia da Coruña. Cunha poboación de máis de 160.000 habitantes en 613 Km2, a comarca ferrolá é a terceira maior área poboacional de Galicia.

Eume
Seguindo a cornixa atlántica, a comarca do Eume esténdese a continuación da ferrolá sobre unha superficie de 540 Km2. Os seus preto de 30.000 habitantes gozan dun dos parques naturais de maior interese ecolóxico do noroeste español: as Fragas do Eume.

Ortegal
Na confluencia do Océano Atlántico e o Mar Cantábrico sitúase a comarca de Ortegal. Con 16.016 habitantes en 436 Km2 de extensión, Ortegal é un das paraxes mellor conservados de Galicia, onde atopar os cantiis máis altos da Europa atlántica.

 

Compartir en redes sociais