Rede de Gas

Ferrol Reganosa

O sistema gasístico galego posibilita unha capacidade de máis de 5.000 millóns de termias anuais para toda Galicia. Na comarca está situada a planta de regasificación de REGANOSA , no municipio de Mugardos, cunha capacidade de regasificación, nunha primeira fase, de 63.945 GWh/ano, que será de 93.011 GWh/ano na súa segunda fase. Esta planta de regasificación fai posible a entrada ao Sistema de Gasodutos Ibérico, permitindo diversificar a orixe da subministración e achegar capacidade de almacenamento ao sistema.

A rede de gasodutos asociados a plántaa regasificadora está formada polo gasoduto Este, desde a planta de Mugardos ás Pontes e Vilalba, para unirse á rede nacional, e o gasoduto Oeste, desde Mugardos a Abegondo, onde se une a rede nacional-Meirama (Cerceda) e Sabón (Arteixo).

Compartir en redes sociais