O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con representantes de 12 proxectos nos que cooperan 70 empresas para entrar nos mercados de Brasil, México, Panamá e República Dominicana. Con este plan orientado especialmente ás pemes promóvense proxectos de primeira implantación comercial en mercados exteriores impulsados por agrupacións de polo menos tres empresas, ou por asociacións que representen a máis de cinco empresas.

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Ceg organizaron un encontro e un taller "export networking" coa plataforma da rede Pexga para favorecer a apertura das empresas galegas a este mercado en crecemento. A Plataforma Pexga en Rusia desenvolveu arredor de trescentas accións ao servizo das empresas galegas. O director da oficina da Pexga en Rusia mantivo encontros e entrevistas individuais con representantes das setenta empresas ou asociacións empresariais interesadas.

A directora da plataforma empresarial con sede en Bos Aires, María Teresa Galiñanes Riveiro, atendeu consultas individualizadas e recibiu encargos referidos tamén aos veciños mercados de Uruguai, Paraguai e Chile. Informes sectoriais, listas de distribuidores ou localización de posibles aliados nos mercados obxectivo foron algunhas das demandas máis repetidas. O encontro serviu tamén para que as empresas interesadas recibisen información dos técnicos do Igape sobre as axudas e servizos do Instituto para impulsar a internacionalización en 2012.

O responsable de Economía e Industria salienta que o Goberno galego multiplicou por catro no que vai de lexislatura os recursos para impulsar as exportacións das empresas galegas, as cales aumentaron nun 17,5% o ano pasado. O conselleiro sinalou na presentación do informe 'La internacionalización de la economía gallega 2011' que o Goberno galego destinou a través das liñas de axuda do Igape, no que vai de lexislatura, 26 millóns de euros, o que permitiu apoiar 2.500 proxectos galegos e mobilizar 52 millóns.

Plan para o Fomento da Exportación Galega, Plan Foexga 2021-2022.

Calendario de actuacións 20201 -2022”  (Accións virtuais e presenciais)