Esta rede recolle a experiencia acumulada pola Rede Mentoring, que coordina BIC Galicia e que na actualidade integra a preto dun cento de mentores e máis de 80 empresas mentorizadas. O obxectivo da rede de mentores en internacionalización é o de apoiar de xeito específico a proxección exterior das empresas galegas mediante expertos especializados neste ámbito.

Medio cento de empresas galegas participaron no punto de encontro coa plataforma Pexga de Francia, que se desenvolveu esta semana en Santiago de Compostela. Sete destas empresas participaron ademais nun encontro de traballo coa directora da plataforma, Belén García, para estudar posibles alianzas e vías de colaboración entre elas nese mercado. Desde a súa apertura no pasado mes de outubro, a plataforma empresarial de Francia prestou servizos a preto de cen empresas.

O obxectivo das bases de axudas que veñen de aprobarse é facilitar a internacionalización das empresas galegas sen presenza no exterior e apoiar ás compañías internacionalizadas para que melloren a súa posición nos mercados estranxeiros. O programa de axudas para facilitar a contratación de xestores de exportación case duplica a dotación do pasado ano, co obxectivo de duplicar tamén a incorporación destes profesionais especializados ás empresas galegas.

A asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia explorou co apoio do Igape posibilidades de negocio en mercados como Rusia ou India e xa facilitou a implantación de empresas galegas en Brasil. O director do Igape salienta a importancia de que existan en Galicia agrupacións de empresas e clusters empresariais con potencial competitivo e ambición para explorar e conquistar espazos de negocio en mercados internacionais.

O director do Instituto Galego de Promoción Económica presentou en Braga os resultados acadados por este programa europeo transfronteirizo liderado polo Instituto. Máis de 250 emprendedores e empresas participaron nos talleres especializados en xestión de empresas biotecnolóxicas. 35 bioemprendedores de Galicia e do Norte de Portugal recibiron asesoramento para trasladar ao mercado as súas ideas.