Portos

puertointeriorACoruna

Galicia ocupa unha privilexiada posición marítima, con 127 portos ao longo da súa costa; os máis importantes son -de norte a sur- os de San Cibrao, Ferrol, A Coruña, Villagarcía, Marín e Vigo. Os portos de Ferrol, A Coruña e Vigo están situados nas principais rutas de transporte marítimo internacional entre Europa, América e Asia, situando así os portos galegos nunha posición estratéxica que permitiu una certa especialización en carga e descarga de graneis, produtos pesqueiros, e mercadoría xeral diversa; ademais de contar con liñas regulares feeder, e actividade crucerística. Cabe sinalar que estes portos son os primeiros de España en descargas tanto de peixe fresco como conxelado.

Co fin de dotar a Galicia con mellores e maiores infraestruturas portuarias e colocar a Galicia á vangarda do transporte marítimo internacional, acometéronse recentemente grandes obras coa construción do Porto Exterior de Ferrol, xa en servizo e que se presenta como oportunidade loxística para as grandes navieras mundiais de colectores polas súas grandes superficies e calados, e o Porto Exterior da Coruña, en construción e chamado a ser un gran polo portuario e industrial.

Galicia conta en Vigo cunha do tres Zonas Francas existentes a nivel nacional, a única no noroeste da península. Próximos á Costa da Morte, atópase os seguintes portos:

Porto interior de A Coruña

puertointeriorACoruna

O Porto Interior de A Coruña ten un total de 8.458 metros para os distintos servizos:

4.230 metros en peiraos comerciais, 2.954 metros nas dársenas pesqueiras e 1.274 na da Mariña e a Antedársena. Está preparado para practicamente todo tipo de cargas.

Porto exterior de A Coruña

puertoexteriorACoruna

Proxecto de Novas Instalacións Portuarias en Punta Langosteira, impulsado pola Autoridade Portuaria da Coruña, é na actualidade unha das obras en execución máis importantes tanto pola importancia e complexidade das obras, como da súa incidencia para a Comunidade Autónoma.

Porto interior de Ferrol

Ferrol Inner-Harbour

O Porto Interior de Ferrol dispón de case 1,5 Km de peiraos e até 14 metros de calado, unha superficie de 310.000 metros cadrados.
Está preparado para practicamente todo tipo de cargas.

Porto exterior de Ferrol

Ferrol Outer-Harbour

O Porto Exterior de Ferrol con máis de 1,5 Km de peirao e até 20 metros de calado, unha superficie de 900.000 metros cadrados.
Un porto preparado para todo tipo de cargas e cunha clara vocación de porto hub para colectores.

Porto de Vigo

puertodevigo

Excelente porto natural, con máis de 14.000 hectáreas de auga abrigada. O porto de Vigo está protexido das tormentas polas Illas Cíes e a península do Morrazo, polo que é operativo os 365 días do ano. Dispón dunha superficie de 2.572.577 metros cadrados que abarcan 5 municipios a ambos os dous lados da ría. A maior parte das instalacións e a infraestrutura, o porto de carga, de pasaxeiros e de pesca atópanse, no municipio de Vigo (sobre un total de 2.048.854 metros cadrados).

Porto de Vilagarcía

puertovilagarcia

O Porto de Vilagarcia de Arousa ten un total de 2.807 metros de peiraos para os distintos servizos e unha superficie de 240.741 metros cadrados.

Porto de Marín

puertodemarin

O Porto de Marín conta cun total de 1.260 metros de peiraos comerciais destinados ao tráfico marítimo e 2.312 metros de peiraos pesqueiros utilizados para as actividades de pesca e avituallamiento.

Porto de San Cibrao

puertosancibrao

O Porto de San Cibrao conta cun total de 358 metros de peiraos, 2065 metros en diques de abrigo e 563.456 metros cadrados de superficie terrestre.