Rede de Gas

Foto-Reganosa

Na actualidade, o gasoduto Braga-Tui-Ribadeo-Asturias-León ten un diámetro de 20" (polgadas), o que deixa dispoñible para Galicia unha capacidade de 5.000 millóns de termias anuais mediante a colocación de estacións de compresión. Do gasoduto principal saen catro derivacións en alta presión a 80 bar (AP 80) -ramal a Ourense (10"), ramal a Ferrol (8"), ramal á Coruña (14") e ramal a Curtis (4")- e outros ramais en alta presión a 16 bar (AP 16) que alimentan as redes das localidades próximas aos devanditos gasodutos principais e a Lugo.

Por outra banda, e como complemento ao sistema gasístico galego, existe a planta de regasificación de Mugardos (Comarca de Ferrol), cunha capacidade de regasificación, nunha primeira fase, de 63.945 GWh/ano, e nunha segunda, de 93.011 GWh/ano.