O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.
Este informe recolle un breve diagnóstico do comercio exterior da provincia de Ourense a través das cifras e feitos máis destacables nos últimos anos.
Nun encontro organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, o director do Igape, Javier Aguilera, subliña que é o momento de apostar por novos servizos e instrumentos para impulsar o tecido empresarial. Destaca a futura Lei do Emprendemento de Galicia, que outorgará máis e mellores facilidades e financiamento aos que se decidan a poñer en marcha unha empresa.
É un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Ourense.
Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Ourense
Últimos post
Busca por tags