Impulsa Ourense (4)

O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.

Este informe recolle un breve diagnóstico do comercio exterior da provincia de Ourense a través das cifras e feitos máis destacables nos últimos anos.

Nun encontro organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, o director do Igape, Javier Aguilera, subliña que é o momento de apostar por novos servizos e instrumentos para impulsar o tecido empresarial. Destaca a futura Lei do Emprendemento de Galicia, que outorgará máis e mellores facilidades e financiamento aos que se decidan a poñer en marcha unha empresa.

É un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Ourense.

plan-impulsa-des

Obxectivos

  • Potenciación dos sectores estratéxicos da economía da provincia.
  • Impulsar actuacións emprendedoras de alto valor competitivo e produtivo.
  • Fomentar a creación de emprego.
  • Desenvolvemento do tecido socioeconómico da provincia como xeito de equilibrio territorial.

Beneficiarios

Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Ourense