Edificio de Usos Múltiples

Praza Camilo José Cela s/n

15403 Ferrol

900815151

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

SueloIndustrial

Co obxectivo de adecuar as actuacións á demanda existente no mercado do chan industrial, están a mellorarse aspectos relativos aos proxectos dos Parques Empresariais co fin de ofertar unhas instalacións en liña coas novas esixencias deste mercado, prestándose especial atención á ampliación das dotacións de prazas de aparcadoiros, ás maiores seccións de viarios, e en xeral, á optimización de todos os servizos cos que debe contar un moderno Parque Empresarial.

Previo á actuación, realízanse os oportunos estudos de viabilidade nos que se contemplan aspectos tanto técnicos como económicos e comerciais, destacando a importancia dunha adecuada localización en función das vías de comunicación existentes ou previstas, así como dunha boa dotación de accesos.

 
RÍO DO POZO - SECTOR 4 (NARÓN)

 foto rio do pozo

 plano rio do pozo


A superficie industrial do parque empresarial - sectores I, II, III e IV - ascende a 1.600.000 m2, sendo o terceiro en importancia de Galicia.
 
SUPERFICIE SECTOR 4: 653.236 m²; 144 PARCELAS.

TIPOLOXÍA DE PARCELAS:
  Desde 772 m² até 21.332 m² a de maior superficie.
  Illada: Lixeira: de 1.501 m² a 2.500 m². 30.965 m² (14 parcelas).
  C-1: de 2.501 m² a 4.000 m². 30.039 m² (8 parcelas).
  C-2: de 4.001 m² a 10.000 m². 335.084 m² (67 parcelas).
  C-3: > de 10.000 m². 220.461 m² (15 parcelas).
  Encostada: de 500 m² a 1.500 m². 36.687 m² (40 parcelas).

Para máis información:
SEPES
 
 
PENAPURREIRA - POLÍGONO 2  (AS PONTES)

 foto penapurreira

 zonificacion-as-pontes

A superficie total do parque empresarial - polígonos 1 e 2 - ascende a 862.844 m2 (559.711 m2 de superficie industrial).

SUPERFICIE Polígono 2: 288.096 m2 (200.000 m2 de superficie industrial);
4 PARCELAS segregables ou agrupables.

TIPOLOXÍA DE PARCELAS:
Menor de 1.000 m2, de 1.000 a 3.000 m2, maior de 3.000m2.

Para máis información:
XESTUR CORUÑA
OPYDE

 

VILAR DO COLO (FENE-CABANAS)

 foto-vilar-do-colo

 Vilar-do-Colo

 

SUPERFICIE: 550.458,35 m2; 154 PARCELAS.

Para máis información:
SEPES

 

AS SOMOZAS

Parcelario-Somozas


SUPERFICIE: 316.600 m2 (215.100 m2 de superficie industrial);
11 PARCELAS segregables ou agrupables.

TIPOLOXÍA DE PARCELAS:
Desde 1900 m2 até 45.000 m2 .

PREZOS ORIENTATIVOS:
22,24 €/m2 máis IVE.

Para máis información:
XESTUR CORUÑA

 

A TRABE (CEDEIRA)

 Parcelario-Cedeira


SUPERFICIE: 101.000 m2 (57.032 m2 de superficie industrial); 53 PARCELAS. 

TIPOLOXÍA DE PARCELAS:
Desde 983 m2 até 1.265 m2 .

PREZOS ORIENTATIVOS:
Desde 67.172,33 € até 86.442,52 €, máis IVE.

Para máis información
XESTUR CORUÑA
 

 

CUIÑA (ORTIGUEIRA)

 Parcelario-Ortigueira

 

SUPERFICIE: 233.112 m2; 106 PARCELAS.

TIPOLOXÍA DE PARCELAS:
Desde 548 m2 até 1.654 m2 .

PREZOS ORIENTATIVOS:
Desde 29.592 € até 99.240 €, máis IVE.

Para máis información:
XESTUR CORUÑA

 

VIDRIEIRO (PONTEDEUME)

Plano-Pontedeume
 

SUPERFICIE: 57.052 m2 industrial; 26 PARCELAS

TIPOLOXÍA DE PARCELAS:
Desde 2.804 m2 até 2.978m2

PREZOS ORIENTATIVOS:
Desde 143.006,80 até 151.880,98 €, máis IVE.

Para máis información
XESTUR CORUÑA

Ferrol Reganosa

O sistema gasístico galego posibilita unha capacidade de máis de 5.000 millóns de termias anuais para toda Galicia. Na comarca está situada a planta de regasificación de REGANOSA , no municipio de Mugardos, cunha capacidade de regasificación, nunha primeira fase, de 63.945 GWh/ano, que será de 93.011 GWh/ano na súa segunda fase. Esta planta de regasificación fai posible a entrada ao Sistema de Gasodutos Ibérico, permitindo diversificar a orixe da subministración e achegar capacidade de almacenamento ao sistema.

A rede de gasodutos asociados a plántaa regasificadora está formada polo gasoduto Este, desde a planta de Mugardos ás Pontes e Vilalba, para unirse á rede nacional, e o gasoduto Oeste, desde Mugardos a Abegondo, onde se une a rede nacional-Meirama (Cerceda) e Sabón (Arteixo).

No Noroeste de España, en conexión co Sur de Europa e na Costa Atlántica, xorden as oportunidades.

 Plan Ferrol Localizacion

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal sitúanse na costa Noroeste de Galicia, unha das 17 Comunidades Autónomas de España.

Ferrol
Bañada polo Atlántico e nun enclave de excepción, Ferrol é unha das principais urbes galegas, centro neurálxico, comercial elaboral da comarca que leva a súa mesmo nome, na provincia da Coruña. Cunha poboación de máis de 160.000 habitantes en 613 Km2, a comarca ferrolá é a terceira maior área poboacional de Galicia.

Eume
Seguindo a cornixa atlántica, a comarca do Eume esténdese a continuación da ferrolá sobre unha superficie de 540 Km2. Os seus preto de 30.000 habitantes gozan dun dos parques naturais de maior interese ecolóxico do noroeste español: as Fragas do Eume.

Ortegal
Na confluencia do Océano Atlántico e o Mar Cantábrico sitúase a comarca de Ortegal. Con 16.016 habitantes en 436 Km2 de extensión, Ortegal é un das paraxes mellor conservados de Galicia, onde atopar os cantiis máis altos da Europa atlántica.

 

Ferrol conta con 2 grandes portos:

puerto interior

 

 

Porto Interior con case 1,5 Km de peiraos e até 14 metros de calado, unha superficie de 310.000 metros cadrados. Está preparado para practicamente todo tipo de cargas.

 

 

 

 


Ferrol Outer-Harbour

 

Porto Exterior con máis de 1,5 Km de peirao e até 20 metros de calado, unha superficie de 900.000 metros cadrados. Un porto preparado para todo tipo de cargas e cunha clara vocación de porto hub para colectores.