O prazo de presentación finalizou o 30/10/2015

IG179 - RE-SOLVE 2015: APOIO AO ACCESO AO FINANCIAMENTO OPERATIVO (ACTIVO CORRENTE)

Finalidade / Obxectivo

Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.

Tipos de apoio

Préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciais

Pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.

Deberán cumprir os requisitos dos artigo 10 e 11 da Lei de subvencións de Galicia, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise.

Sectores incentivables

Todas as actividades económicas, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, é dicir:

- as axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) cando o importe da axuda determínese en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas,
ii) cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútase aos produtores primarios;

- as axudas a actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, é dicir, as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora;

- as axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Requisitos principais do proxecto

Poderán acollerse aquelas pemes que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing.

En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios, excepto pólizas de crédito ou préstamo destinados á mesma finalidade que venzan durante o exercicio 2015.

•* Importe:
O importe mínimo atendible será de 3.000 euros. O importe máximo de préstamo subsidiable será de 150.000 euros.

*• Prazo:
O prazo de vixencia, poderá ser de ata 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

•* Tipo de xuro:
Euribor a 6 meses + tipo adicional pactado entre as partes (sen que en ningún caso poida exceder de 3,5 puntos porcentuais). As revisións faranse semestralmente.

•* Comisións:
As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,5% en concepto de comisión de estudo, ata o 1% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez remate a súa relación coa SGR..

•* Garantías:
A garantía a favor das entidades financeiras será o aval da sociedade de garantía recíproca adheridas ao convenio polo 100% do risco.

As garantías a favor da SGR serán o reaval do Igape en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa, adicionais ás achegas reintegrables aos fondos das SGR estipuladas para a operación. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos ou dependentes da Administración, que sumados ao reaval do Igape non poderán superar o 75% do risco asumido pola SGR.

Investimentos ou gastos computables

Activo corrente.

Contía das axudas

Axuda en forma de garantía.

Consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación de préstamo, en garantía do 25% do risco asumido pola SGR.

Considérase coma axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados, nas entidades financeiras, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2015.

Incompatibilidades

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

Referencia lexislativa

Resolución do 5 de xuño de 2015 (DOG Nº 114 do18/06/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2015
Resolución do 28 de setembro de 2015 (DOG Nº185 do 28/09/2015) - Adhesión de entidades financeiras

Información e tramitación en

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo a través da aplicación http://www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o formulario, este pasará a disposición da SGR e da entidade financeira, na Extranet de entidades colaboradoras e xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade financeira, asinada polo solicitante (Anexo I).

As entidades de crédito centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais e, no caso de aprobación da operación financieira, solicitarán en nome do interesado a axuda financeira no Igape no prazo máximo dun mes a contar dende a entrada do cuestionario na Extranet das Entidades Colaboradoras.

Co fin de prestar asistencia na formalización do formulario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica (números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147).

Observacións

As entidades financeiras colaboradoras adheridas son as seguintes:

- Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa
- Banco Popular Español, S.A.
- Banco Pastor, S.A.
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
- NCG Banco, S.A.
- Banco Caixa Geral, S.A.
- Banco de Sabadell, S.A.
- Targobank, S.A
- Bankinter, S.A.
- Caixabank, S.A.