El plazo de presentación finalizó el 10/03/2021

IG193 - AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS EMERXENTES (CLUSTERS EMERXENTES)

Finalidad / Objetivo

As presentes bases teñen por finalidade fomentar a cooperación para a competitividade e a innovación empresarial en distintos ámbitos de interese para a actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes) para a posta en marcha do clúster emerxente, cofinanciando a elaboración do seu primeiro plan estratéxico ou a posta en marcha de iniciativas prioritarias contidas nese primeiro plan estratéxico, no caso de que fose elaborado con anterioridade.

Para tal efecto, a entidade solicitante deberá achegar unha relación descritiva e cuantificada dos custos de elaboración do plan estratéxico ou da listaxe de proxectos que promoverá durante o período de vixencia da axuda.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva. Axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Estas axudas destínanse ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes), que cumpran as seguintes condicións:

a) Que creasen unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster, cunha antigüidade inferior a dous anos respecto da data de solicitude da axuda e domicilio social en Galicia.

b) Que representen unha cadea de valor arredor dun sector de actividade eminentemente industrial.

Ou ben que representen un agrupamento transversal (por tecnoloxía ou por mercado obxectivo) que teña impacto na dixitalización ou na sustentabilidade de tecido empresarial.

c) Que, en calquera das dúas posibilidades anteriores, representen un subconxunto da actividade empresarial galega cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1 % no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2019.

d) Que cando menos o 60 % dos seus asociados directos iniciais sexan empresas e que o 50 % ou máis destas dispoñan dun centro de traballo en Galicia.

e) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias as que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, nin as empresas que en 31 de decembro de 2019 estivesen en crise.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de solicitude da axuda ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

2. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral, polas características da agrupación clúster:

1º. Importancia da actividade na economía galega: a partir do requisito mínimo do 1 % establecido no artigo 4.1.c): 5 puntos por cada 0,2 % adicional de facturación conxunta sobre o PIB galego ata un máximo de 25 puntos.

2º. Fortaleza da entidade clúster emerxente: número de empresas asociadas galegas ou con centro de traballo en Galicia na data de solicitude. 1 punto por empresa ata un máximo de 25 puntos.

3º. Encaixe da entidade no soporte ou representatividade dos sectores estratéxicos da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0: 20 puntos se o núcleo da cadea de valor representada se centra nun eido de actividade prioritario (estratéxico ou emerxente e de alto potencial) definido na axenda. 15 puntos se se trata de un eido transversal tecnolóxico de valor industrial.

4º. Informe de antecedentes e xustificación da importancia da iniciativa clúster: ata 20 puntos.

5º. Existencia de centros ou institucións tecnolóxicas ou de investigación entre os socios iniciais do clúster: 5 puntos por cada un ata un máximo de 10 puntos.

Inversiones o gastos computables

Poderán concederse axudas á posta en marcha das entidades clúster emerxentes para os seguintes conceptos subvencionables:

1. Os salarios brutos de persoal con contrato laboral, actual ou de nova contratación, que se dedique a xestión dos proxectos propostos para a posta en marcha do clúster emerxente, en proporción á súa dedicación.

2. Os custos de colaboracións externas para o desenvolvemento dos proxectos.

3. Custos de auditoría da conta xustificativa a que se refire o artigo 18.5 destas bases reguladoras.

Para os efectos desta axuda considérase salario bruto as retribucións do persoal que teñan a consideración de concepto retributivo. Non terán esa consideración as liquidacións e indemnizacións por finalización de contrato por calquera causa, as axudas de custo nin as compensacións de transporte ou comida. O período en que o traballador estea de baixa por incapacidade laboral non computará para os efectos de xustificar o gasto. As retribucións non periódicas como pagas por produtividade, beneficios ou similares, aínda que teñan a consideración de salario, só se terán en conta como gasto subvencionable se están recollidas no convenio colectivo de aplicación ou nun pacto particular co traballador con anterioridade á publicación destas bases, o que deberá acreditar o beneficiario.

Non se aceptarán con cargo a estas axudas incrementos retributivos agás os derivados da aplicación das leis, do convenio colectivo ou do cumprimento de sentenzas. Para estes efectos, a entidade solicitante deberá certificar o salario bruto anual percibido por cada traballador dedicado no último exercicio. No caso de contratacións novas deberán declarar as condicións en que se fará a dita contratación en canto a tipo de contrato, duración, categoría profesional, funcións e retribución total anual, diferenciando salario por todos os conceptos e custo da Seguridade Social.

O persoal tamén poderá ser autónomo economicamente dependente da agrupación, conforme a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto de traballo autónomo, e o Real decreto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do traballo autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente e o seu rexistro e se crea o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores.

Un traballador con contrato laboral non poderá ao mesmo tempo facturarlle á entidade clúster por ningún tipo de servizo como colaborador externo, nin directamente nin a través doutra persoa física ou xurídica interposta. Para estes efectos, a auditoría da conta xustificativa a que se refire o artigo 18.5 destas bases reguladoras deberá conter unha mención expresa sobre esta cuestión.

Cuantía de las ayudas

A subvención será do 80 % dos custos subvencionables, cun máximo de axuda por entidade de 100.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 10 de marzo de 2021.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do custo subvencionable aprobado.

Referencia legislativa

Resolución do 23 de decembro de 2020 (DOG Nº 16 do 26/01/2021) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 10 de setembro de 2021 (DOG Nº181 do 20/09/2021) - Resolución de concesión

Información y tramitación en

Os interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto, que deberá conter toda a información necesaria para acreditar os requisitos e as condicións dos artigos 1 e 4, e mención explícita aos criterios sinalados no artigo 7 destas bases.

b) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

Observaciones

O prazo de execución dos gastos subvencionables non poderá superar o 30 de xuño de 2022. Os beneficiarios deberán presentar unha solicitude de cobramento da subvención. O prazo para presentala rematará o derradeiro día hábil do mes natural da data de finalización do prazo de execución establecida na resolución de concesión.

Os beneficiarios das axudas poderán presentar solicitudes de anticipo do 50 % da subvención durante o ano 2021 tras a recepción da resolución de concesión e antes do 30 de setembro.