Deadline for submitting applications will end on 30/04/2014

IG101 - GALICIA INVISTE - SERVIZOS AVANZADOS INTENSIVOS EN EMPREGO

Purpose / Objective

Liña de axuda para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego, dirixida a actividades terciarias destinadas ao consumo por terceiros ou unidades produtivas da mesma empresa ou grupo empresarial e que deberán caracterizarse polos altos requirimentos de capital humano e tecnolóxico.

Types of support

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva aos proxectos empresariais de investimento que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Que o proxecto consista nun investimento subvencionable en servizos avanzados en Galicia superior a 100.000 euros cunha creación de emprego ligado ao investimento igual ou superior a 10 novos postos de traballo de carácter indefinido.

2.- Que o proxecto non se teña iniciado con anterioridade á data de solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto, no seu conxunto, sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado no momento en que se inicie a construción, ou ben cando exista compromiso en firme de adquisición de bens (o suposto que ocorra en primeiro lugar), ben sexa pedido de bens, pagos anticipados á entrega da mercancía, promesa de compra de terreo, etc., con exclusión dos estudos previos de viabilidade.

Para o caso de proxectos que presenten a solicitude de axuda entre o día seguinte á publicación destas bases e o 1 de xaneiro de 2014, deberase ter en conta que os investimentos que se realicen e/ou paguen nese período non computarán como investimento subvencionable. Serán subvencionables os investimentos realizados e/ou pagados entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de fin do prazo de execución establecido na resolución de concesión, que non excederá do 30 de xuño de 2015.

Ademais, para o caso de investimentos en obra civil, soamente serán subvencionables aqueles realizados con posterioridade ao levantamento de acta notarial que reflicta, fidedignamente e con posterioridade á presentación da solicitude de axuda, que as obras non foron iniciadas.

3.- Que os proxectos presentados por empresas que non cumpran os requisitos de pequena e mediana empresa acrediten, ademais, ao Igape o efecto incentivador da subvención solicitada.

4.- Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables.

Potential beneficiaries

1.- Sociedades mercantís existentes ou en constitución que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que desenvolvan no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable.

c) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, o Igape poderá esixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.

2.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades mercantís cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1.2 do Decreto 432/2009.

3.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

4.- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise.

5.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades mercantís en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia.

Sectors eligible for subsidy

Os proxectos subvencionables, deberán caracterizarse polos altos requirimentos de capital humano e tecnoloxía e deberán estar vinculados a algunha destas actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:

a) Actividades de programación informática.
b) Actividades de centros de chamadas ou servizos telemáticos.
c) Actividades de sedes centrais ou zonais.
d) Enxeñería de produtos e procesos industriais.
e) Enxeñaría de ensaio e control de calidade.
f) Publicidade e comunicación.
g) Deseño industrial.

Main project requirements

Os proxectos deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Os proxectos de servizos avanzados terán que contar cun investimento subvencionable, que supere os 100.000 euros, e que sexa viable técnica, económica, financeira e ambientalmente.

b) Para os proxectos de ampliación de instalacións existentes, cando a base sobre a que se calcula a subvención sexa o investimento subvencionable, este deberá ser ademais, superior a 1,5 veces a dotación media para amortizacións do inmobilizado, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos 3 últimos exercicios pechados.

c) Os proxectos terán que incluír o compromiso de crear como mínimo 10 novos postos de traballo con carácter indefinido asociado ao investimento subvencionable.

d) Os proxectos terán que incluír o compromiso de manter o emprego medio existente nos últimos 12 meses antes da solicitude. Na resolución de concesión establecerase o prazo de mantemento do emprego durante un período mínimo de cinco anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, salvo no caso de peme, que poderá ser de tres anos.

e) Cumprir as condicións establecidas no Decreto 432/2009, do 11 de decembro, para que os proxectos de emprego poidan recibir axuda.

* Requisitos dos proxectos subvencionables:

a) Os investimentos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes.

b) Para a determinación dos importes subvencionables observaranse, de ser o caso, os criterios e módulos de custo máximo subvencionable aprobados polo Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, de ser o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

c) Os investimentos deberán realizarse en bens novos ou de primeiro uso empresarial.

d) Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

e) Os investimentos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante. Para os efectos destas bases reguladoras, considéranse persoas ou entidades vinculadas, cando concorran as circunstancias establecidas no artigo 16.3 do Real Decreto 4/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do imposto de sociedades.

f) O investimento terá que manterse, vinculado á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia durante os 5 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto, prazo que poderá reducirse a 3 no caso de que o beneficiario cumpra os límites de pequena e mediana empresa e non se trate de bens inmobles.

g) No caso dos activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado, 4) figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 5 anos ou de 3 anos en caso de pemes.

h) Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas no Texto Refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal. Para modificar o provedor seleccionado deberá pedir previamente á súa contratación, autorización ao Igape xustificando as razóns do cambio.

i) En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Investments or eligible costs

Serán subvencionables con carácter xeral, os salarios brutos do persoal que se contrate durante o período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, co límite temporal dun ano de salario por traballador e o límite cuantitativo de cinco veces o investimento subvencionable. Non obstante, no caso que o investimento subvencionable acade un montante superior aos salarios brutos subvencionables, o Igape establecerá o investimento subvencionable como base de cálculo da subvención concedida.

Nestes proxectos, o investimento subvencionable asociado (superior aos 100.000 euros) debe ser executado e pagado no período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, estará suxeito a comprobación, e corresponderá aos epígrafes establecidos no artigo 6.3. destas bases. Non obstante, no caso de que o solicitante sexa unha peme, o límite establecido para os activos inmateriais vinculados á transferencia de tecnoloxía, amplíase ata o 75% do investimento subvencionable.

Os postos de traballo creados terán que cumprir as seguintes condicións:

a) Estar asociados directamente ao proxecto de investimento.

b) Ser creados no prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, prazo que non superará o 30 de xuño de 2015.

c) Manterse durante un período mínimo de 5 anos para as grandes empresas e de 3 anos para as pemes, en ambos casos contado desde a finalización do prazo de execución do proxecto de investimento.

d) O proxecto de investimento deberá conducir a un incremento neto do número de empregados no establecemento de que se trate, comparado coa media dos doce meses anteriores á data de solicitude de axuda.

Amount of aid

A axuda resultante calcularase como unha porcentaxe sobre o salario bruto do persoal que se contrate ou ben sobre o investimento subvencionable, entre un 15% e un 50% da base subvencionable resultante. A porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula e baremo:

Porcentaxe da axuda = 15 + (35 x (Puntos baremación proxecto/30)) + (Puntos pola contratación de persoas de colectivos con dificultades de acceso ao emprego)

Non obstante, establécese un importe máximo de axuda, por empresa e proxecto, de 2.000.000 euros.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de abril de 2014.

Incompatibility

Estas axudas son compatibles cos programas de axuda financeira do Instituto como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación do tipo de xuro, e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados financiadas con fondos Feder – Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ata o límite máximo de intensidade de axuda indicado en termos de equivalente de subvención bruta no anexo do Decreto 432/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 242, do 14 de decembro de 2009), isto é:

a) Como regra xeral:

- Ata o 30% para grandes empresas.
- Ata o 40% para medianas empresas.
- Ata o 50% para pequenas empresas.

b) Ata o 30% para empresas do sector do transporte.

Legislative Reference

Resolución do 5 de decembro de 2013 (DOG Nº238 do 13/12/2013) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 5 de decembro de 2013 (DOG Nº 244 do 23/12/2013) - Corrección de erros
Resolución do 25 de xuño de 2014 (DOG Nº121 do 27/06/2014) - Graduación incumprimentos

Information and processing in

 Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

 Tramitación:

Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147


Unha vez aceptados os datos do formulario deberá presentarse a instancia de solicitude xunto coa seguinte documentación:

I.- Para sociedades constituídas:

a) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
b) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
c) Declaración do Imposto de sociedades, referido aos 3 últimos exercicios fiscais.
d) No caso de pertenza a algún clúster galego: certificado expedido polo correspondente clúster da pertenza do solicitante ao dito clúster.

II.- No caso de sociedades en constitución:

a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.
b) Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. A tal fin, a documentación establecida no apartado I anterior, terá que ser presentada no Igape no prazo máximo dun mes dende a presentación da instancia de solicitude.

III.- Acreditación do emprego existente antes da solicitude:

a) Os TC1 e TC2 dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda de todos os centros de traballo da empresa en Galicia.

b) Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de todos os centros de traballo da empresa, á data de solicitude da axuda.

IV.- Memoria descritiva do investimento proxectado segundo o modelo normalizado establecido polo Igape na súa páxina web.

V.- Declaración do efecto incentivador da axuda solicitada, de acordo co establecido no artigo 1.5 destas bases, segundo o modelo normalizado establecido polo Igape na súa páxina web.

VI.- Planos.

VII.- Declaración de cumprimento de requisitos segundo o establecido no anexo V.

VIII.- Declaración da condición de peme, segundo o modelo do anexo VI. No caso de non presentarse, entenderase que o solicitante non é peme.

IX.- As tres ofertas que, , deba ter solicitado o beneficiario. Calquera cambio na oferta seleccionada deberá contar coa autorización do Igape.

IX.- Calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta análise da solicitude.

Observations

O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento da subvención no prazo improrrogable dun mes desde o fin do prazo de execución establecido na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xullo de 2015.

- Criterios de gradación para determinar o alcance da obriga de reintegro en caso de incumprimento doutras condicións alleas á contía ou conceptos da base subvencionable:

1. No caso de condicións referidas á creación de emprego, o alcance do incumprimento determinarase aplicando a mesma ponderación que tivese a condición na resolución de concesión.
Nos proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego (procedemento IG101) do artigo 7 das bases reguladoras, en que é requisito a creación de cando menos 10 postos de traballo indefinidos, a non acreditación destes implicará o incumprimento total de condicións.

2. No que se refire ao mantemento do emprego con que conta a empresa na data de solicitude de axuda durante o período de execución do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase atendendo á media de emprego durante o dito período e á cifra de emprego con que conte a empresa na data de finalización do prazo de execución. Estimarase un incumprimento parcial, sempre que na data de execución a empresa conte con polo menos a cifra de emprego obrigada a manter, e aínda que a media do período non acade a dita cifra, sempre que a desviación nesa media non supere o 10 % do emprego comprometido.
O alcance deste incumprimento parcial calcularase proporcionalmente respecto ao emprego non mantido.

3. No que se refire ao mantemento do emprego no período de dous anos posterior á data de execución do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase atendendo á media de emprego mantido durante este e aplicando a mesma ponderación outorgada na resolución de concesión á cifra de emprego non creado con solución de continuidade e nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido. No caso de que a media de emprego deste período sexa inferior á cifra de mantemento inicial de postos de traballo establecida na resolución de concesión, é dicir, non se teña mantido o emprego con que contaba a empresa na data de solicitude, ntenderase que o incumprimento é total.

4. No que se refire a condición de autofinanciamento, o alcance do incumprimento determinarase atendendo ao importe de investimento correspondente ao nivel de autofinanciamento efectivamente acreditado, sempre que supoña un incremento de fondos propios con respecto ao tido en conta na resolución de concesión, e o investimento correspondente non sexa inferior ao mínimo establecido nas bases.

5. Non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá a perda da subvención correspondente ao activo non mantido, nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

6. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

7. Suporá a perda dun 5 % da subvención concedida:
a) Non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 16.g) das bases reguladoras.
b) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención, suporá a perda dun 5 % da subvención unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

8. Suporá a perda do 10 % da subvención concedida, no caso de incumprimento da obriga establecida no artigo 5.2.h) das bases reguladoras en canto a que para modificar o provedor seleccionado deberase pedir, previamente á súa contratación, autorización ao Igape e xustificar as razóns do cambio.