Martes, 23 Xuño 2015 10:39

Xornada: “Achinar” , Claves para “Vender” con éxito en China

Escrito por 

Durante a Xornada expoñeranse as claves para posicionar con éxito ás empresas galegas, especialmente do sector AgroAlimentario, Moda e TIC (cos seus produtos e/ou servizos) na Short List de marcas favoritas dos seus clientes obxectivo chineses, como "a marca" e o produto ou servizo a comprar para satisfacer as súas necesidades.

Data: 8 de xullo de 2015
Hora: 9:15 a 13:45
Lugar: MUPEGA, San Lázaro 107, Santiago de Compostela.

Inscrición gratuíta
Programa

1. As "8" Claves da Dirección de Mercadotecnia para China.
Reflexionaremos sobre as claves para integrar Cultura e Estratexia de Negocio nos Plans de Mercadotecnia e Vendas gañadoras das empresas de Galicia, para o mercado de China

2. A arte de " e-Achinar"
Reflexionaremos sobre as claves para integrar Internet como medio de comunicación e canle de vendas nos plans de Mercadotecnia e Vendas gañadoras das empresas de Galicia, para China

  • 1ª etapa "Existes" por estar presente no Internet "con características chinesas".
  • 2ª etapa. "Convences" o teu cliente obxectivo chinés de que os teus produtos ou servizos son a resposta ás súas necesidades.
  • 3ª etapa. "Vendes" ao teu cliente obxectivo chinés, como resultado dunha excelente estratexia en Mercadotecnia Dixital para China.

 

Leer 74082 veces Modificado por última vez en Venres, 26 Xuño 2015 09:16

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios