Luns, 27 Abril 2015 13:24

XORNADAS RE-ACCIONA DE XESTIÓN EMPRESARIAL: Ecosistema da Economía Dixital

Escrito por 

Xoves 7 de mayo de 2015. Museo Pedagóxico de Galicia, S. Lázaro 107, Santiago de Compostela

A revolución dixital que ven transformando o mundo supuxo o cambio de moitas industrias e sectores de actividade. Hoxe, ao igual que hai uns anos, gozamos de actividades de entretemento e ocio, nos relacionamos no ámbito persoal e profesional, compramos e vendemos produtos e servizos e realizamos transaccións financeiras; pero estas relacións cambiaron e teñen hoxe unha compoñente dixital que alterou a forma de interactuar como clientes.

Adicionalmente ao cambio de gran parte dos sectores tradicionais, a revolución dixital creou novos modelos sobre propostas de valor que eran totalmente descoñecidas ata a irrupción da dixitalización.

Fronte a esta situación, resulta fundamental coñecer o perfil dos novos clientes, os seus hábitos de consumo, cales son as decisións que inflúen no proceso de compra, e como enfocar a reputación e imaxe, as canles de venda e a innovación da empresa neste novo ámbito.

Se queres coñecer os motores de cambio que determinarán os novos modelos de conducta dos clientes, Javier De Paz Lagar, Socio Especialista no Modelo Relacional co Cliente de PwC, anticipará as principais craves desta transformación e exporá os aspectos relevantes presentes e futuros a ter en conta polas pemes galegas.

Programa 

09:30 h. Recepción de asistentes.

10:00 h. Presentación e introdución ao programa Reacciona do IGAPE

  • Ángel Ares Patiño, Xerente Sector Público PwC

 

10:15 h. Ecosistema da Economía Dixital

  • Javier De Paz Lagar, Socio Especialista no Modelo Relacional co Cliente de PwC

 

12:15 h. Coloquio-Debate

INSCRICIÓN

Xornada gratuita ata finalizar prazas dispoñibles.

Leer 80356 veces Modificado por última vez en Luns, 27 Abril 2015 13:31

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios