Mércores, 31 Outubro 2018 09:34

Xornada feira Expo ANTAD & Alimentaria México 2019. O mercado agroalimentário mexicano

Escrito por 

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE (Área de Internacionalización) en colaboración coa Cámara de comercio da Coruña, ANFACO, o Consello Regulador da D.O. Rias Baixas e o Consello Regulador da D.O. do Ribeiro traballan na participación agrupada de Galicia na Feira EXPO ANTAD & ALIMENTARIA MEXICO, referente da industria de alimentos e bebidas do mercado de México é porta de acceso ao continente americano, que se celebra no recinto feiral Expo Guadalajara- Mexico do 5 ao 7 de marzo de 2019.

Convocatoria FOEXGA da Participación agrupada de Galicia na Feria Expo ANTAD. Cámara de Comercio de A Coruña Tlf.: 981 216 074. 

Co obxecto de ofrecerlle información de primeira mán sobre a importancia da Feira así como das especificidades  da loxística do producto agroalimentario galego con México invitámolo a participar nesta xornada.

Data: 15 de novembro de 2018
Lugar: IGAPE. Complexo administrativo San Lazaro s/n.
Horario: 10.00 - 12.00

Inscrición gratuíta

Programa

 

Temas:

  • As caracteristicas da Feira Expo ANTAD, consellos para a participación exitosa
  • Convocatoria Foexga da Participación agrupada de Galicia na Feira Expo ANTAD.
  • Aspectos a considerar, envío de mostras, envíos de mercadorías
  • Mesa redonda: importancia da Feira para o sector Agroaliemntario Galego. Perspectivas.
Leer 20226 veces Modificado por última vez en Luns, 12 Novembro 2018 14:55

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios