As oportunidades empresariais e comerciais no Perú constitúen o obxectivo da xornada técnica, organizada polo Igape, que se desenvolverá o próximo xoves día 23 de febreiro, a partir das 10 horas, na sede do MUPEGA (rúa de San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela.
O encontro contará coa participación da Oficina Comercial da Embaixada do Perú en Madrid. Tamén participará un directivo da Antena Empresarial de Galicia no Perú que está a disposición da Internacionalización das empresas galegas que teñan dito país como mercado obxetivo.
Para máis información da Xornada o dos Servizos da Antena Empresarial no Perú, poden contactar con:
Jose Pereira Cabezuelo 981 54 11 91
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
[ Ver programa ]