Luns, 28 Setembro 2015 13:46

Xornada Galicia Emprende en Lugo

Escrito por 

O xoves, día 1 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo,co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos.  Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.

Por outra banda,  terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.

A xornada forma parte dun
ciclo de encontros  arredor do emprendemento que se celebrarán tamén, durante as próximas semanas, en A Coruña e Vigo, así como un Foro de Emprendemento en Santiago.

Programa xornada Lugo

Inscrición (gratuíta)

Leer 50581 veces Modificado por última vez en Martes, 29 Setembro 2015 11:00

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios