Martes, 23 Xuño 2015 13:35

Lonxa de financiamento (Santiago de Compostela, 1 de xullo)

Escrito por 
O vindeiro mércores 1 de xullo, no marco do programa ACEINT, celebrarase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha Lonxa de Financiamento. 

Nesta lonxa, proxectos empresariais de Galicia e Portugal, de marcado carácter innovador e tecnolóxico, exporán o seu modelo de negocio ante diferentes organismos públicos e investidores de carácter privado, co fin de obter apoio financeiro para a súa consolidación e crecemento.
A xornada comezará coa exposición por parte da empresa creadora de vídeoxogos Gato Salvaxe, da súa experiencia no proceso exitoso que realizou  para obter recursos.
 
  • Data: 01/07/2015
  • Hora de inicio: 09:00h.
  • Lugar: Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

PROGRAMA

 
08:45h - 09:00h. - Acreditacións e entrega de documentación

09:00h - 09:20h. - Inauguración.
  • Representante de IGAPE. Juan M. Cividanes, director xeral de Xesgalicia
  • Representante de BICMINHO. André Vieira de CastroPresidente do BICMINHO.
  • Representante de USC. José Luis Villaverde, director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC
 
09:20h - 09:50h. - Microrrelatorio de Fernando Priento (Empresa Gato Salvaxe): "Como unha start up conseguiu financiarse a través do captial risco e o crowfunding".

09:50h - 11:30h. - Presentación de proxectos -1ª parte

11:30h - 12:00h. - Pausa - café

12:05h - 13:15h. - Presentación de proxectos -2ª parte

13:15h - 14:00h. - Mesa redonda: Como podo financiar o meu proxecto?. Modera Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do Igape.
  • XESGALICIA. Juan M. Cividanes, director xeral
  • UNIRISCO/UNINVEST. Yolanda Falcón, directora de investimentos
  • AFIGAL Rubén Iglesias, xefe de zona Ferrol-Coruña
  • Club de investidores clúster TIC. Fernando Vázquez de Imatia
  • REDINVEST. Manuel Montes de Micaton Ergonomics
 
14:15h - 14:20h. - Peche da xornada

14:20h- Viño galego. Networking
 
 
 
 
 
 
logoXunta   logo-igape               
 
 
 
logos
 
 
Leer 82632 veces Modificado por última vez en Martes, 30 Xuño 2015 12:34

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios