Luns, 22 Xuño 2015 08:14

Aspectos xurídicos e fiscais, clave do proceso de internacionalización empresarial (A Coruña)

Escrito por 

ASPECTOS XURÍDICOS E FISCAIS, CLAVE DO PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

Na situación de recuperación actual, moitas das mellores oportunidades para as nosas empresas atópanse no exterior: mentres o mercado interior está a avanzar aos poucos, o mundo segue crecendo a máis velocidade. Con todo a internacionalización é un proceso moi complexo desde o punto de vista de negocio pero tamén desde o punto de vista do ámbito legal, fiscal ou laboral. Á parte dos retos financeiros e culturais, non debemos esquecer que en todo proxecto de internacionalización existen importantes aspectos legais e fiscais, algúns dos cales teñen unha influencia tan significativa que poderían carrexar o éxito ou fracaso da nosa misión.

Coñecer se existe un Tratado Bilateral de Protección Recíproca de Investimentos subscrito co país desde o que se inviste, que asegure ao investidor un tratamento non discriminatorio respecto ao recibido pola empresa local é clave. O mesmo que un bo contrato de Joint-venture   cando se entra nun mercado exterior cun socio-local pode mitigar os riscos e multiplicar os beneficios dunha experiencia internacional. A cuestión impositiva converteuse no curso das últimas décadas en esencial de face á propia viabilidade dun determinado proxecto. En efecto, as consecuencias tributarias definen de forma obxectiva as posibilidades de facer negocios internacionalmente.

Resulta imprescindible que o correspondente plan de negocio contemple coa debida precisión todas as consecuencias fiscais materiais derivadas no país de destino da realización da actividade proxectada de acordo coa fórmula xurídica seleccionada. Frecuentemente as consecuencias tributarias condicionan e determinan a fórmula xurídica máis adecuada para conducir o negocio. Trátase dunha circunstancia especialmente relevante en relación con ordenamentos que non sexan debidamente neutrais e que favorecen unha fórmula concreta de establecemento fronte a outras figuras. Así, por exemplo, podemos atoparnos con ordenamentos que graven con maior severidade á filial que á sucursal, o cal condicionará indubidablemente a opción por unha ou outra fórmula legal.

DATA E LUGAR

Xoves, 2 de xullo, Club Financeiro Atlántico, Avda. Salvador de Madariaga 76, A Coruña.

PROGRAMA

10:00 h. Recepción de asistentes e café de benvida.

10:30 h. Presentación.

10:35 h. Introdución ao programa Reacciona do IGAPE

  •  Ángel Ares Patiño, Xerente sector público PwC

10:50 h. Aspectos legais clave da internacionalización.

  •  Carlos Javier Rodríguez Pereira, Socio Responsable Área Legal e Fiscal PwC Galicia
  •  Fernando Varela, Directora Área Legal PwC Galicia

11:15 h. Aspectos fiscais clave da internacionalización.

  •  Alberto López Gómez, Experto fiscal PwC

11:40 h. Aspectos laborais clave da internacionalización.

  •  Carmen María Rodríguez Vázquez, Experto en dereito Laboral PwC

12:00 h. Coloquio-Debate

12:10 h. Clausura

Leer 67750 veces Modificado por última vez en Luns, 22 Xuño 2015 08:34

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios