Martes, 12 Mai 2015 14:24

Seminarios País: Colombia | Rusia | Marrocos | China

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) abren unha serie de seminarios (WEBINARS), que se impartirán nas próximas semanas en relación con diversas temáticas de interese sobre os mercados da Rede Pexga de Colombia, Rusia, Marrocos e China.

 

CHINA

 "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentario en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas"

Data: 23 de xuño de 2015

Hora: 10:00 h

Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). complexo Administrativo San Lázaro nº63A. Santiago de Compostela.

Pode consultar aquí o  Programa

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invítano a participar no seminario "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentario en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas", que terá lugar o martes día 23 de xuño de 2015 a partir das 10.00 horas na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).

Este seminario está dirixido a todas aquelas empresas que xa teñan certa experiencia no mercado chinés ou que, pola contra, desexen aproximarse nestes momentos a este país, e convócase co fin de ofrecer unha visión informativa sobre as novas tendencias no sector agroalimentario para 2015. Este sector representa unha excelente oportunidade, cunhas exportacións en alza continuada e unha excelente percepción do produto importado por parte do consumidor chinés.

Contaremos nesta ocasión co testemuño dunha empresa importadora chinesa, para que ofreza o seu punto de vista sobre as súas necesidades como cliente e as súas expectativas en relación aos potenciais provedores galegos.

Ofreceranse ademais recomendacións prácticas á hora de valorar unha posible entrada no mercado chinés. Entre elas, falarase con maior detalle das seguintes:

  • Zonas francas
  • E-commerce
  • Busca de socio comercial

 

D. Javier Bahut e Dña. Vivian Liang, director e analista da Plataforma Pexga en China respectivamente, e Dña. Ema Cai, Negocio Development Manager da empresa importadora Shangai Juerui Industry Co. Ltd., explicarán con detalle, a través de vídeo-conferencia, todas estas novidades e atenderán no tempo reservado para coloquio todas aquelas dúbidas e cuestións concretas que formulen as empresas asistentes.

Se está interesado en participar, agradeceriámoslle remítanos un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentatio en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas" indicando o seu interese en participar nesta actividade, razón social da empresa, nome e cargo da persoa que acudiría en representación desta.

Tamén lles agradecemos que nos fagan chegar calquera dúbida concreta que lles gustaría que fose tratada durante o seminario para que, se é posible, poidamos incluíla na presentación. As prazas son limitadas e será imprescindible estar previamente rexistrado na web da Rede Pexga, así como ter aceptado a política de privacidade desta. Dende o Centro de Coordinación confirmarémoslle por correo electrónico a súa inscrición.

 

 MARROCOS [Rematado]

“O Mercado da Licitación Pública en Marrocos”

Data: 1 de xuño de 2015
Hora: 10:15
Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). complexo Administrativo San Lázaro nº63A. Santiago de Compostela.

Pode consultar aquí o programa.

 

 

 RUSIA  [Rematado]

“O Mercado Ruso e da Unión Aduaneira Rusia-Belorrusia-Kazakstán”

Data: 25 de maio de 2015
Hora: 09:45
Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). complexo Administrativo San Lázaro nº63A. Santiago de Compostela.

Pode consultar aquí o programa

 

 COLOMBIA  [Rematado]
"O Mercado da Contratación Pública en Colombia"

Data: 20 de maio de 2015
Hora: 16:00
Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). complexo Administrativo San Lázaro nº63A. Santiago de Compostela.

Pode consultar aquí o programa

Leer 78927 veces Modificado por última vez en Luns, 15 Xuño 2015 15:13

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios