Xornada de entrega dos Premios Emprendedor XXI. Vigo, 6 de marzo
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración con Caixa EMPRENDEDOR XXI convoca o acto de entrega da XI edición dos Premios EmprendedorXXI, que terá lugar o vindeiro 6 de marzo no Círculo de Empresarios de Galicia) na (Avda. García Barbón, 62). Vigo (Pontevedra)
Antes de dar a coñecer o nome da empresa con maior potencial de crecemento na Comunidade de Galicia, contaremos coa presencia de Manu Feijóo como ponente invitado do acto.
Manu Feijóo naceu no seno duna familia adicada dende fai máis de 150 anos a arte de facer sorrir; a familia Aragón. Leva 20 anos adicado ao mundo do espectáculo e conta cunha gran capacidade de adaptación e renovación nun mercado en cambio continuo. Na actualidade compaxina a súa profesión como mentalista con conferencias e charlas en empresas nacionais e internacionais.
Na súa última conferencia “Ilusións Renovadas” cóntanos a historia de superación, renovación e cambio do seu abó, Miliki, o paiaso máis famoso do mundo de fala hispana, o home que xunto aos seus irmáns acompañou a infancia de 4 xeracións de nenos en todo o mundo. Un auténtico relato cheo de inspiración e motivación.
O Acto contará coa presencia do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria D. Francisco Conde López e de representantes de Caixabank, que entregarán o galardón á empresa gañadora e ás finalistas
AXENDA
11:30h Convocatoria e benvida
11:35h Ponencia a cargo de Manu Feijóo
12:30h Entrega dos Premios EmprendedorXXI
13:10h Aperitivo networking
[ Inscrición aqui ]