Luns, 08 Febreiro 2016 13:48

IV Taller de Marketing Expertise: Innovación Aberta e Comercialización da Innovación

Escrito por 

No ámbito da Estratexia de internacionalización, vai desenvolverse o IV taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración da cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na Innovación Aberta e Comercialización da Innovación en mercados internacionais. O obxectivo deste taller son as prácticas das compañías multinacionais na comercialización da innovación.

Este cuarto encontro técnico contará coa participación do Dr. Rudolf Albert, ex-xerente de distribución global no Grupo Wrighleys antes de unirse á Escola de Negocios da Universidade de Pforzheim (Alemaña). Operou en 54 países, desempeñando importantes funcións en América Latina.

O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim, responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.

 

Día: 25 de febreiro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Confederación de Empresarios de Galicia,  Rúa do Vilar, 54.

Día: 26 de febreiro, a partir das 11:45 horas.
Lugar: A Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña, Praza de Luís Seoane, Torre 1 Entreplanta.

Día: 26 de febreiro, a partir das 18:00 horas.
Lugar:  A Coruña, Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña s/n

Programa

Inscricións

 

 LogosMarketingExpertise

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Leer 24881 veces Modificado por última vez en Luns, 15 Febreiro 2016 14:50

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios