David Garay Mazón, Director da Plataforma Empresarial de Galicia en Marrocos, estará a disposición das empresas para as seguintes actividades:
- Seminario "Tips para facer negocios con Marrocos": Oportunidades e Claves de Implantación, que se desenvolverá o xoves 21 de xullo a partir das 9.45 h na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.
- Entrevistas bilaterais. As empresas poderán solicitar unha entrevista bilateral cos representantes da plataforma, que lles permitirá expor as cuestións relativas aos seus proxectos en Marrocos de forma individual e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a oficina lle poden ser de utilidade.
O horario previsto para a realización das entrevistas bilaterais será de 12.00 a 18.30 h o xoves 21 de xullo, e de 10.00 a 14.30 h. As entrevistas serán na sede da CEG (Rúa do Vilar, 54). A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.
Este punto de encontro é unha acción organizada no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.
Formulario de inscrición.
A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.