Turquía un potente mercado (Fuente ICEX)
Turquía cobra cada vez máis importancia como país e como mercado grazas á súa posición xeográfica estratéxica e ao gran tamaño da súa poboación (71 millóns de habitantes). Trátase, ademais, do país máis rico de Oriente Medio en recursos e produción agrícolas, e posúe tamén importantes recursos mineiros (é, practicamente o único produtor mundial de boro), moitos deles escasamente explotados aínda.
Os sectores industrial e de servizos están a adquirir unha gran relevancia económica, axudando así á consideración de Turquía como un país cada vez máis próximo ás economías desenvolvidas. O seu sector público é aínda moi forte, se ben existe un sector privado puxante no que destaca a convivencia de multitude de pemes con grandes hóldings industriais e de servizos. Por outra parte, nos últimos anos estanse a levar a cabo importantes privatizacións, como as realizadas no sector eléctrico, o siderúrxico ou o de telefonía.