A aplicación de cumplimentación de cuestionarios facilita a recollida de datos necesaria para que o IGAPE coñeza o proxecto que debe avaliar para conceder unha axuda ou subvención. Mediante a súa utilización vostede presenta no IGAPE unha única páxina que identifica os datos introducidos na web.
Os pasos para presentar unha solicitude de axuda son os seguintes:
- Identificación na web do IGAPE.
- Cumplimentación do cuestionario de definición de proxecto.
- Impresión da solicitude con IDE (un número de 40 díxitos que identifica os datos que completou na web).
- Presentación da solicitude no rexistro del IGAPE o por calquera outra das formas recollidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.
Na web do IGAPE vostede debe realizar os pasos 1 a 3. Tamén pode levar a cabo a presentación (paso 4) se ten un certificado electrónico X509 v.3 expedido pola entidade certificadora aceptada pola Consellería de Facenda, do mesmo tipo dos que se usan para outros sertvizos electrónicos como pode ser a declaración do IRPF coa Axencia Tributaria.
No caso dos Programas REIMAXINA e RESOLVE +, o (paso 4) é diferente:
Unha vez cuberto o cuestionario, xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade de crédito, asinada polo solicitante (anexo I)
A propia aplicación de cumplimentación de cuestionarios guia ó usuario ofrecéndolle en cada momento instruccións sobre o que debe facer a continuación.