Xoves, 05 Novembro 2015 10:25

Economía e Industria salienta en Lugo o potencial do programa Primex para impulsar a internacionalización

O director do Igape, Javier Aguilera, visitou na cidade luguesa as instalacións de Proyestegal, compañía que lidera un proxecto para a primeira implantación comercial no Brasil. A empresa, especializada na prestación de servizos de enxeñaría en eidos como a ordenación do territorio ou a topografía, ten contado con diversos apoios do Igape para a súa proxección exterior. A través do Primex a Xunta está a facilitar a cooperación de máis de 250 empresas para implantarse en máis de vinte mercados exteriores.

 Lugo, 19 de setembro de 2013.- O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe no encontro mantido en Lugo con directivos de Proyestegal, beneficiaria do programa Primex, que a cooperación constitúe un instrumento fundamental para que as pequenas e medianas empresas galegas poidan iniciar ou consolidar os seus procesos de internacionalización. Aguilera subliñou que a Xunta de Galicia, a través deste programa desenvolvido polo Igape, está a facilitar a cooperación de máis de 250 empresas que se están a implantar en máis vinte mercados exteriores.

A compañía luguesa, especializada na prestación de servizos de enxeñaría en eidos como a ordenación do territorio ou a topografía, ten contado con diversos apoios do Igape para avanzar na súa proxección exterior, entre eles as axudas destinadas a facilitar a contratación de xestores de internacionalización.

Proyestegal iniciou o seu proceso de internacionalziación en Romanía, onde traballa no desenvolvemento de proxectos vinculados ao sector agrario e forestal. Na actualidade, consciente do potencial económico de Latinoamérica, está a impulsar a súa implantación comercial no Brasil, no ámbito dun proxecto de cooperación con outras dúas empresas dentro do programa Primex.

Deste xeito, as tres empresas lideradas pola compañía luguesa poderán aproveitar as sinerxías de colaboración e complementariedade derivadas da súa importante especialización en ámbitos como os sistemas de información xeográfica, uso de tecnoloxías láser –tanto fixa como móbil-, arquitectura ou urbanismo.

Segundo Aguilera Navarro, a cooperación no ámbito internacional resulta imprescindible para que as empresas progresen na súa internacionalización de xeito máis áxil e seguro.No eido dos servizos, e como complemento a programas de cooperación como o Primex, o Igape vén de poñer en marcha o novo programa Cooperex Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. – un servizo que precisamente facilita ás empresas a localización dos socios ou aliados que precisan para avanzar nos mercados exteriores do seu interese.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios