Vacia (136)

O obxectivo fundamental da xornada técnica é achegar ás empresas galegas información detallada sobre as posibilidades de negocio empresarial no mercado do Perú. Organizan a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) no marco do programa ECICII+, cofinanciado con fondos Feder (dentro do programa POCTEP), no que participa como socio o Igape.

A xornada técnica contará coa intervención do conselleiro económico e comercial da Embaixada de Perú en España, e incluirá relatorios expertos sobre  as oportunidades empresariais nese mercado.

A xornada desenvolverase na sede da CEP, en Vigo (García Barbón, 104), o próximo mércores, 28 de xuño, a partir das 9,30 horas.

Programa

Inscricións

Dentro do Programa de Primeira Exportación desenvolvido pola Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co Igape, convócase aos talleres de negociación para emprendedores peme e exportación a celebrar en A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela os días 4, 5 e 6 de xullo.

O taller de negociación pretende enriquecer a habilidade negociadora das pemes galegas asistentes mediante unha visión práctica dos aspectos fundamentais da mesma.

A decisión de camiñar cara á industria 4.0 é estratéxica, de longo alcance e impacto, que require a integración das súas tecnoloxías base na cadea de valor. Cada empresa debe definir a súa propia folla de ruta. A industria 4.0 non substitúe ao Lean Manufacturing, senón que o complementa, por tanto nesta formación, farase especial fincapé na dualidade organización/industria 4.0, axudando a detectar os pasos inmediatos para cada organización, nos seus aspectos organizativos e tecnolóxicos para alcanzar a industria 4.0.

Dirixida a:

Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de sector industrial, produción e fabricación o Igape convídano á xornada técnica Re-acciona que terá lugar o vindeiro venres 16 de xuño nas súas instalacións en Santiago de Compostela.

Inscripcion:

Correo:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: 981 978 786 / 674 624 747

Igape organizan unha xornada que pretende acercar as claves, tendencias, experiencias e axudas públicas para apoiar ás empresas en movemento, aquelas que son capaces de atender ao mercado, de adaptarse aos cambios... e en definitiva de ser competitivas a través das TIC e a innovación aplicada.

A dixitalización é un proceso imparable que afecta de maneira importante ao sector da construción sendo unha oportunidade única para o desenvolvemento desta industria na nosa comunidade. A velocidade desta transformación é unha das máis elevadas debido ao seu inmenso potencial, polo que é vital coñecer como afecta esta dixitalización á construción e como pode impulsar o tecido empresarial da nosa comunidade.

Dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector, o Igape e a Amtega convídano á xornada sectorial Re-acciona TIC que terá lugar o vindeiro martes 16 de maio nas instalacións do Edificio Administrativo CERISA (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, 15707), en Santiago de Compostela.

Confirma a túa asistencia a través de: 

 

  • Correo:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 419 922 (ext.2030)

 

[ Descargar Programa ]

I Foro de optimización loxística de Galicia

Venres, 28 Abril 2017 11:02 Escrito por

Enmarcados nas actuacións da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, o igape está a liderar a elaboración da Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia. O primeiro Foro de Optimización Loxística de Galicia ten como obxectivo abrir e mostrar o proceso de elaboración desta estratexia todas as partes da cadea loxística e aos sectores empresariais demandantes destes servizos, para acadar así unha estratexia participativa e de consenso, que propoña e impulse iniciativas transformadoras da actividade loxística de Galicia.

I Foro Investimento Proxectos Coworking IGAPE_EOI

Venres, 21 Abril 2017 09:57 Escrito por

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura acollerá, o próximo 28 de abril e a partir das 10 horas, o I Foro de investimento no que se presentará unha selección dos proxectos emprendedores que participaron na primeira edición dos espazos coworking impulsados conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI).

Ademais de expoñer os seus proxectos, os emprendedores participantes poderán contactar con potenciais investidores. Previamente, as empresas e emprendedores asistentes a este I Foro terán a oportunidade de coñecer experiencias de captación de investimento, que correrán por conta dos impulsores de proxectos como Monet e Eccocar.

Data : venres 28 de abril de 2017

Horario: 09:30 - 13:00

Lugar: Sala Eisenman, Cidade da Cultura | Santiago de Compostela

[ Descargar Invitación ]

[ Descargar Programa ]

Análise do estado actual das relacións económicas hispano-lituanas. Incentivos de Lituania na inversión foránea e no comercio exterior. 
Perspectivas sobre a internacionalización da empresa: visión práctica en proxectos e cooperación público-privada.

Data:   2 de maio de 2017
Horario:  10.30  a 13.00
Lugar:  Sede do  Igape en  Santiago de Compostela (sala de cursos)
Inscrición:  gratuita

Insrición | Programa

Achegarlles ás empresas galegas as oportunidades de negocio e internacionalización que ofrece o mercado de China, especialmente a través da Zona de Libre Comercio da Rexión de Hengqin, é o obxectivo da xornada técnica específica que se desenvolverá o próximo día 17 de abril, organizada polo Club Financeiro de Santiago.

Para asistir a este encontro técnico é necesario inscribirse previamente a través do correo eléctronónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

 O 21 de marzo de 10:00 a 12:00, celebraráse un Taller bases axudas Igape Internacional,  no salón de Actos do MUPEGA (C/ San Lazaro, 107, Santiago de Compostela), para explicar as recentes convocatorias de bases:

  • Galicia Exporta Empresas
  • Contratación Xestores de Internacionalización

Destinatarios: pemes e autónomos galegos con interés en internacionalización empresarial.
Requírese confirmación