Mércores, 11 Xuño 2014 10:07

Presentación Rede Mentoring

procesos-anoA Rede Mentoring é un servizo dirixido a pemes de recente creación, mediante o cal se brinda o apoio dun mentor, que é un empresario ou profesional de recoñecida traxectoria e amplia experiencia, durante un período de tempo determinado. Preténdese lograr afianzar o éxito das novas iniciativas empresariais nas súas etapas de posta en marcha e crecemento.

O proceso de mentoring concrétase nunha serie de xuntanzas periódicas nas que, unha vez fixado o obxectivo a tratar, o mentor comparte os seus coñecementos, experiencia e recursos para conseguir a mellor solución para a empresa mentorizada. Trátase dun acordo de duración limitada no tempo: 4 - 5 xornadas de traballo como máximo cunha periodicidade recomendada de 15 días - 1 mes.

Internacionalización, financiamento, recursos humanos, marketing, vendas, innovación, estratexia, xestión de equipos, etc. A Rede dispón de moitisimos expertos capaces de axudar a acadar con éxito ó obxectivo que se plantexe.

Se estás interesado en solicitar un proceso de mentorización, inscríbete a través deste enlace:

Word Ficha empresa

Se estás interesado en ser mentor, inscríbete a través deste enlace:

Word Solicitude mentor

 

 

Neste vídeo pódese ver cáles son as características de funcionamento do noso Programa de Mentoring

 

 

 

Leer 16578 veces
Máis nesta categoría: Fases do proceso de mentoring »
Inicia sesión para enviar comentarios