O IGAPE organiza a IX Edición da Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 30 de setembro a 3 de outubro.
Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional.
Este ano, inclúense algunhas novidades que achegarán sen dúbida un importante valor engadido aos asistentes:
O evento amplíase ao marco da Eurorrexión (Galicia - Norte de Portugal), para o que contaremos cunha boa representación do país veciño como é a Asociación de Empresarios de Portugal (AEP) e tamén empresas de referencia portuguesas no sector do contract.
Con motivo da participación portuguesa, está previsto que a xornada inaugural se celebre o día 30 de setembro en Santiago de Compostela e a xornada de clausura en Oporto o día 3 de outubro.
Para as empresas que desexen asistir ao evento o día 3 en Portugal, disporemos dun autobús con saída da sede do IGAPE en Santiago de Compostela e regreso despois da clausura. Informaráselle do horario.
Xornada inaugural: luns 30 de setembro, 8.45 a14.00 h (Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela)
Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.
Encontros B2B Canal Contract: luns 30 de setembro de 16 a 19 e martes 1 de outubro, de 10 a 14h
Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionais/industria galega e prescritores internacionais da Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional.
As reunións rotarán de xeito flexible e terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes
Xornada clausura: xoves 3 de outubro en Oporto.
Inscrición gratuíta e Programa (actualizado 26-09-2019)
Máis información:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
e 981 541 108