Xoves, 22 Setembro 2016 10:29

Workshop Asia mercado de oportunidades para a exportación de alimentos e bebidas

Escrito por 

ASIA O GRAN MERCADO DE ALIMENTOS E BEBIDAS

Este taller está deseñado para apoiar a exportación con éxito dos alimentos e bebidas a Asia, sendo os obxectivos da xornada, obter unha visión en profundidade dos principais mercados asiáticos de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento dos consumidores deses países, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e os casos de éxito. Asemade de coñecer os apoios á internacionalización empresarial para accións a desenvolver nos mercados asiáticos.

DATA: 3 Outubro 2016
HORARIO: 10:00 a 13:30h.
LUGAR: Ed. FEUGA. Lope Gomez Marzoa. Campus Vida. Santiago de Compostela.
INSCRICIÓN GRATUITA : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Para mais información poden contactar CLUSAGA no teléfono 981 556 062

Asia, como continente, revélase como unha terra de oportunidades para o sector alimentario e das bebidas. De feito, segundo o ranking elaborado por FIAB, China e o conxunto de países englobados dentro do epígrafe Sueste Asiático (Singapore, Vietnam, Filipinas, Indonesia e Malaisia) ocupan os primeiros lugares coma mercados preferentes, en concreto, estes territorios concentran un dos maiores potenciais de crecemento macroeconómico e respecto a exportacións de alimentos e bebidas.

Programa

 

 

 

Leer 19422 veces Modificado por última vez en Xoves, 22 Setembro 2016 10:42

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios