Martes, 29 Setembro 2015 10:23

Encontro coas Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia 2015

Escrito por 

A Rede de Plataformas Empresariales no Exterior de Galicia (Pexga) organiza este mes un novo encontro empresarial cos directores das oficinas dos oito países nos que conta cunha delegación: Brasil, China, Colombia, Estados Unidos, Marrocos, México, Reino Unido e Rusia. As xornadas, que teñen un carácter eminentemente práctico, desenvolveranse entre o 13 e o 16 de outubro e están dirixidas a todo o tecido productivo galego..

Esta actividade é unha acción organizada pola Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) no marco do convenio de fomento da internacionalización do tecido produtivo galego subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

O obxectivo é crear un foro de encontro entre os empresarios cos responsables das oficinas Pexga co fin de estreitar lazos e buscar oportunidades de negocio nos oito mercados estratéxicos.

As xornadas, que comezarán o martes 13 cunha sesión plenaria no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela onde se abordarán obxectivos comúns, artéllanse en torno a oito talleres de traballo sobre as distintas plataformas internacionais da rede Pexga, que exporán os seus servizos e perspectivas de negocio en cada país, sendo as experiencias un factor clave.

Así mesmo, pódense solicitar reunións bilaterais individuais de media hora cos directores das oficinas (según axenda dispoñible entre o 13 e o 16 de outubro).

Programa e inscrición para: sesión inicial conxunta, talleres e reunións individuais en [Rematado o prazo de inscrición].

Información adicional en: 981 555 888 (Confederación de Empresarios de Galicia).

 

[PROGRAMA]

Leer 53444 veces Modificado por última vez en Luns, 19 Outubro 2015 09:50

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios