Vacia (136)

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración co Escuela de Organización Industrial (EOI),organizan o II Foro de investimento de proxectos desenvolvidos nos espazos coworking, do Igape e a EOI, o vindeiro 7 de marzo no Edificio Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Este foro permitirá por en contacto a investidores privados e entidades financeiras cos promotores de varios dos mellores proxectos desenvolvidos nos 8 espazos Coworking (Santiago, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés) postos en marcha polo Igape e a EOI.

A tipoloxía destes proxectos empresariais abrangue dende o sector forestal, o deseño, o sector téxtil, a saúde ou a tecnoloxía entre outros.

AXENDA

  • 12:15h Presentación do Foro de Investimento
    • Adolfo Cazorla, director xeral EOI
    • Fernando Guldrís, director xeral Xesgalicia
  • 12:30h Primeira rolda de presentación de proxectos
  • 13:30 Pausa Café
  • 13:45h Segunda rolda de presentación de proxectos

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración co Escuela de Organización Industrial (EOI), organizan o II Encontro de espazos coworking o vindeiro 7 de marzo no Edificio Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta xornada dará a coñecer varios dos mellores proxectos desenvolvidos polos emprendedores e novos empresarios participantes nos 8 espazos Coworking (Santiago, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés) postos en marcha polo Igape e a EOI.

Os espazos coworking son un lugar de traballo destinado a emprendedores innovadores nos cales facilitar o éxito na maduración e posta en marcha de novos proxectos co apoio de titores e mentores, así como da propia rede que se configura entre os propios participantes nos coworking.

AXENDA

  • 09:30h Acreditación e entrega de documentación
  • 10:00h Inauguración e presentación espazos coworking
    • Miguel Sánchez Galindo,director de Innovación, Emprendeores y pymes EOI
    • Norberto Penedo, director do Área de Competitividade do IGAPE
    • Presentación proxectos emprendedores
  • 11:30h Visita da exposición de proxectos
    • Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
    • Adolfo Cazorla, director xeral EOI
  • 11:45h Café-Networking

Xornada de entrega dos Premios Emprendedor XXI. Vigo, 6 de marzo
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración con Caixa EMPRENDEDOR XXI convoca o acto de entrega da XI edición dos Premios EmprendedorXXI, que terá lugar o vindeiro 6 de marzo no Círculo de Empresarios de Galicia) na (Avda. García Barbón, 62). Vigo (Pontevedra)
Antes de dar a coñecer o nome da empresa con maior potencial de crecemento na Comunidade de Galicia, contaremos coa presencia de Manu Feijóo como ponente invitado do acto.

Manu Feijóo naceu no seno duna familia adicada dende fai máis de 150 anos a arte de facer sorrir; a familia Aragón. Leva 20 anos adicado ao mundo do espectáculo e conta cunha gran capacidade de adaptación e renovación nun mercado en cambio continuo. Na actualidade compaxina a súa profesión como mentalista con conferencias e charlas en empresas nacionais e internacionais.

Na súa última conferencia “Ilusións Renovadas” cóntanos a historia de superación, renovación e cambio do seu abó, Miliki, o paiaso máis famoso do mundo de fala hispana, o home que xunto aos seus irmáns acompañou a infancia de 4 xeracións de nenos en todo o mundo. Un auténtico relato cheo de inspiración e motivación.
O Acto contará coa presencia do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria D. Francisco Conde López e de representantes de Caixabank, que entregarán o galardón á empresa gañadora e ás finalistas

AXENDA

11:30h Convocatoria e benvida
11:35h Ponencia a cargo de Manu Feijóo
12:30h Entrega dos Premios EmprendedorXXI
13:10h Aperitivo networking

[ Inscrición aqui ]

 

O comercio electrónico e o “social selling” é ao tempo un reto e unha oportunidade para as empresas. Esta xornada pretende aportar claves de implementación a través da guía do experto Alex López (un dos 20 mellores “influencers” de social selling a nivel mundial) e das experiencias de empresas galegas. Presentaranse ademáis apoios postos en marcha polo IGAPE para a dixitalización, que poden ser aplicables nestes contextos.

xornada-dixPrograma:

  • 10.00 h Presentación da xornada
  • 10.10 h Mesa redonda: o comercio electrónico nas PEMEs
    • Tendeus - José Ramón García
    • Recambios Frain – Francisco Dorado
    • Conservas Daporta – Alejandro Daporta
    • Lolita moda – Juan Carlos Millán
    • Filament2print - Lorenzo Mandayo
  • 11.30 h Axudas do IGAPE á dixitalización
    • Área de Competitividade - IGAPE
  • 12.00 h Café - Networking
  • 12.30 h KEYNOTE SPEAKER
    • Charla-coloquio “Redes Sociais e Optimización de proxectos de venta”
    • Álex López - Profesor de Linkedin & Social Selling
  • 14.00 h Fin da xornada

 

[ Inscrición neste link

Ou ben no email:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

[ Descargar programa ]

O alumno obterá nocións básicas sobre robots industriais, coñecerá a súas capacidades e aplicacións, será capaz de mover manualmente o robot e executar programas básicos. Esta formación, impartida pola empresa LEDISSON AIT, S.L. pode proporcionar unha versatilidade ao traballador que aumente a súa empleabilidade.

Destinatarios da formación

Traballadores usuarios actuais de robots ou próximos a selo e traballadores programadores de software non robótico. Teñen que ser profesionais en activo en empresas galegas ou con centro de traballo en Galicia.

Formación en Design Thinking


Obxectivo xeral

Presentar as características do movemento maker, a cultura da colaboración e a innovación aberta, transmitindo algunhas das ferramentas e metodoloxías máis avanzadas a nivel mundial para innovar como o Design Thinking. Dun modo fundamentalmente práctico, trasladaranse aos participantes as ferramentas nos campos da creatividade, a innovación, a comunicación, e a análise do usuario e a intelixencia emocional.

Obxectivos específicos

  • Coñecer e comprender qué é o movemento maker
  • Coñecer e comprender qué é a cultura da colaboración
  • Coñecer e comprender qué é a innovación aberta
  • Identificar os factores clave para innovar
  • Desenvolver a capacidade de búsqueda de áreas de mellora.
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas de análise do usuario/empleado/cliente
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas de creatividade
  • Coñecer e integrar o Design Thinking como ferramenta para a innovación
  • Integrar o feedback como ferramienta de mellora continua
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas para o testeo de produtos ou servizos

A formación estará impartida pola empresa DESIGN THINKERS & MAKERS, S.L., e divídese en 3 partes, a primeira a nivel básico, onde se transmiten conceptos xerais sobre innovación e Design Thinking, a segunda a nivel avanzado, donde a través da metodoloxía se traballa sobre un caso real e a terceira onde se testean as innovacións realizadas para poder melloralas.


Destinatarios da formación
Profesionais en activo en empresas galegas ou con centro de traballo en Galicia.

Cara a optimización de recursos no sector industrial e metalúrxico

A optimización de recursos é un proceso clave, non són para que a nosa peme traballe máis rápido naqueles puntos críticos que están a afectar ao seu rendemento, senón tamén para obter unha maior rendibilidade económicaa través da redución de custes. Por iso, coñecer esta técnica é vital para mellorar a situación actual na que se encontra a nosa organización no mercado.

Dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector, o Igape convídano á xornada sectorial Re-acciona que terá lugar o vindeiro lunes 29 de xeneiro nas instalaciones de ASIME (Rúa do
Doutor Corbal, 51) en Vigo.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e, a Federación Galega de Xoves Empresarios, organiza a xornada de presentación do Informe Executivo Gem Galicia 2016 o vindeiro 18 de decembro de 2017 en Santiago de Compostela, no edificio do Centro de Estudos Avanzados da USC, no parque de Vista Alegre.

Se eres un emprendedor ou traballas na promoción económica, este evento é do teu interese.

Data: 18 de decembro de 2017
Hora: de 09:45 a 12:45 h
Lugar: Sala de debate do edificio do Centro de Estudos Avanzados da USC, no parque de Vista Alegre (Santiago de Compostela)

Ver ubicación en google maps

PROGRAMA

  • 09:45 - 10:00 Recepción e entrega de documentación
  • 10:00 - 11:15 Sesión inaugural e presentación de resultados

    José M. Cotos Yáñez
    Adxunto ao Reitor
    Universidade de Santiago de Compostela (USC)

    Marcos Balboa
    Presidente
    Federación Galega de Xoves Empresarios

    Noberto Penedo
    Director Área de Competitividade
    Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

    Isabel Neira
    Directora técnica Equipo GEM
    Universidade de Santiago de Compostela (USC)

  • 11:15 – 11:45 Café – coloquio
  • 11:45– 12:45 Mesa redonda con experiencias emprendedoras
  • 12:45 Clausura

Taller Contract MÉXICO

Mércores, 06 Setembro 2017 14:15 Escrito por

 

Lugar:  Igape, Santiago de Compostela,  21 de setembro 2017.
Horario: 10:30 a 13.30

Actividade dirixida as empresas galegas que traballen o canle Contract e teñan  presenza en México o estén facendo negocios en dito país/área de influencia ou dispoñan dun plan operativo/estratéxico para México. 

O obxectivo é compartir experiencias e preparar e pulsar o interés de participación nunha Xornada Contract que tería lugar a terceira semana de novembro do 2017 en Ciudad de México.  

Actividade moderada por David Cámara Navarro (10 anos de experiencia en México) e Juan Feijoo (Area Internacional Igape).

Inscrición gratuita:  enviar mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O IGAPE organiza a  VIII Edición da  Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 15 e 16 de outubro. Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional. Incluirá dúas actividades diferenciadas ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.