Mércores, 06 Setembro 2017 13:27

VIII Semana Internacional Contract Galicia

Escrito por 

O IGAPE organiza a  VIII Edición da  Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 15 e 16 de outubro. Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional. Incluirá dúas actividades diferenciadas ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.

 

Xornada Inaugural. Luns 15 outubro de 9.30 a 14.30.
Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.
Prazas limitadas.
Inscrición gratuíta
Programa 

 

Encontros B2B Canal Contract. Luns 15 outubro de 16:00 a 19.00 horas e Martes 16 outubro de 10 a 14.30.
Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionales/industria galega e prescriptores internacionais do Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional.

Non haberá axenda/reunións previamente concertadas. As reunións rotarán de xeito flexible e terán unha duración máxima de 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e rotacións entre os participantes.
Prazas limitadas.
Inscrición gratuíta


 Para máis información sobre inscricións.  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   Tlf: 981541142

Leer 25213 veces Modificado por última vez en Mércores, 10 Outubro 2018 12:38

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios