Martes, 21 Abril 2015 15:28

Encontro coa Plataforma Empresarial de Galicia en Brasil

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invitámoslle a participar nun novo Encontro co Director da Plataforma Empresarial de Galicia en Brasil (Pexga Brasil), D. Francisco José Vispo Peiteado, que terá lugar os próximos días 28, 29 e 30 de abril nas cidades de Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.

 

O programa previsto é o seguinte:

Martes, 28 de abril:
     Lugar: Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta. Lugo
     Programa: Encontros bilaterais con empresas (previa cita)
     Horario: 16.00 h -20.00 h 

Mércores, 29 de abril:
     Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Complexo Administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela

     Programa:

  • Taller Por que Brasil? Oportunidades de Negocio. Visión xeral sobre implantación en Brasil. Horario: 10.00 h -12.00 h
  • Encontros bilaterais con empresas (previa cita). Horario: 12.30 h -15.00 h
  • Encontros bilaterais con empresas (previa cita). Horario: 16.00 h -19.00 h

 

Xoves, 30 de abril: 
     Lugar: Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC), Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta. A Coruña
     Programa: Encontros bilaterais con empresas (previa cita)
     Horario: 09.00 h -14.00 h

Desta forma, as empresas interesadas no mercado brasileiro poderán entrevistarse individualmente con D. Francisco Vispo os días 28, 29 e 30 de abril en Lugo, Santiago e A Coruña respectivamente. Nestas reunións, dunha duración aproximada de 20-25 minutos, os asistentes contarán coa posibilidade de formularlle as cuestións que consideren oportunas, e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a Plataforma Pexga en Brasil lles poden ser útiles.

Ademais, o mércores día 29 de abril o Director de Pexga Brasil ofrecerá unha aproximación ás oportunidades actuais de negocio, ás fortalezas comerciais e ás posibilidades de implantación no país amazónico para as empresas galegas.

Se está interesado en participar, agradeceriámoslle que nos remita un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , co asunto "Encontro Pexga Brasil 28-30 de abril de 2015" e indíquenos:

  • Se desexa entrevistarse co Director da Plataforma Pexga en Brasil, en que cidade e a súa preferencia horaria.
  • Se desexa acudir ao taller Por que Brasil? Oportunidades de Negocio. Visión xeral sobre implantación en Brasil, que se celebrará en Santiago de Compostela en horario de 10.00 a 12.00 horas.

Prazas limitadas
Programa

Leer 84475 veces Modificado por última vez en Mércores, 22 Abril 2015 09:59

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios