Luns, 30 Novembro 2015 12:44

Open Day - Bases de premios e axudas a Proxectos Piloto Industria 4.0 en Galicia

Escrito por 

9 de decembro de 2015

Salon de actos do SERGAS, San Lázaro - SANTIAGO

Programa

10:00 h. Apertura

  • Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria, XUNTA DE GALICIA

 

10:30 h. Desenvolvemento polo miúdo das previsións e condicións establecidas nas bases de premios e axudas

  • Norberto Penedo, Director Área Competitividade IGAPE

 

11:30 h. Rolda de preguntas

12:00 h. Peche do acto

  • Javier Aguilera, Director Xeral IGAPE

 

Coffee networking e espazos para encontros multilaterais entre os participantes

Achegar ás empresas, asociacións, clusters, centros tecnolóxicos  e outros organismos intermedios interesados a información detallada sobre as bases que rexerán a próxima convocatoria de premios e axudas aos proxectos piloto fábrica 4.0 en Galicia, é o obxectivo da xornada técnica que se desenvolverá o próximo 9 de decembro, a partir das 10:00, no salón de actos do Sergas, en San Lázaro (Santiago).

O obxectivo desta próxima convocatoria de axudas é seleccionar proxectos demostradores que, pola diversidade de tecnoloxías aplicadas, pola coherencia cos obxectivos das empresas implicadas e a súa factibilidade técnica e económica, podan servir como futuros puntos de arranque e impulso da diversificación e dixitalización de instalacións produtivas que se pretende acadar no marco da Axenda da competitividade Galicia-Industria 4.0.

As convocatorias incluirán premios de 25.000 euros para cada un dos organismos intermedios que presente algún dos proxectos finalmente seleccionados e axudas que poderán chegar a 1.000.000 de euros a repartir entre as empresas implicadas en cada un dos proxectos gañadores.

O encontro informativo incluirá roldas de preguntas e espazos para encontros multilaterais entre os participantes

[Programa]

Leer 60151 veces Modificado por última vez en Venres, 04 Decembro 2015 15:20

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios