Venres, 11 Setembro 2015 10:31

O futuro da eficiencia enerxética nas PEMES: Xornada de peche do proxecto ENTIC

Escrito por 

Logo

Mércores, 23 de setembro de 2015 ás 10:00 horas

Museo do Mar, Vigo (Pontevedra)

O Proxecto ENTIC, www.entic.eu enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no que participan 9 socios, liderados polo IGAPE. ENTIC ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás pemes de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade.

Nesta xornada de peche:

1.- Presentaránse os resultados do proxecto

2.- Falarase das oportunidades que trerá consigo o novo periodo de programación FEDER 2014-2020

3.- Contarase coa participación de D. Jorge Morales de Labra, experto no sector que ten promovido e dirixido  empresas con presencia en todas as ramas do sector eléctrico: dende a producción ata a venda ao consumidor final pasando pola xestión de redes e  que falará sobre a importancia do deseño da tarifa eléctrica no aforro e eficiencia enerxéticos e o papel do autoconsumo.

4.- Finalmente terá lugar un debate coa participación dos clústeres galegos do sector enerxético máis representativos.

Asistencia gratuíta - aforamento limitado.

Programa da xornada

Logo

Leer 59408 veces Modificado por última vez en Luns, 14 Setembro 2015 08:58

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios