Xoves, 01 Decembro 2011 01:00

Economía e Industria reforza o programa Innoempresa para impulsar a innovación empresarial das pemes

20111201prensaA Xunta apoiou a innovación empresarial en máis de 3.000 pemes e facilitou a mobilización de investimentos por 40 millóns, con este Programa. O Goberno galego aposta pola innovación como estratexia de crecemento aumentando nun 50% os fondos de Innoempresa neste exercicio. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salienta que "o balance de 2011 é moi positivo", con 1.320 empresas apoiadas, un 95% máis que en 2010 e o respaldo á consolidación de preto de 12.000 postos de traballo.

Santiago, 1 de decembro de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe o balance do Programa Innoempresa co que a Xunta apoiou a innovación empresarial en máis de 3.000 pemes e facilitou a mobilización de investimentos por 40 millóns, no que vai de lexislatura.

Este programa ten sido reforzado polo Goberno galego para aumentar a innovación nas pequenas e medianas empresas da comunidade. Neste sentido, o conselleiro destacou que a Xunta "aposta pola innovación como estratexia de crecemento, de xeito que a Consellería aumentou os fondos deste Programa nun 50%, con respecto a 2010".

O titular de Economía e Industria destacou que "o balance de 2011 é moi positivo: con 1.320 empresas apoiadas" o que supón un 95% máis que en 2010 e permitiu a consolidación de preto de 12.000 postos de traballo. Tendo en conta o "éxito" do programa, Javier Guerra adiantou que "o compromiso continuará en 2012", xa que o próximo ano acadarase unha suma total de 20,6 millóns de euros destinados a Innoempresa —programa cofinanciado con Fondos FEDER do programa nacional InnoEmpresa no seu inicio e do programa operativo para Galicia a partir do ano 2009—, en toda a lexislatura.

Ínvestimento apoiado por ano e concepto
20111201 innoempresa graficoInnoempresa pon ao dispor das empresas galegas a posibilidade de mellora competitiva en función das súas necesidades de innovación en cada momento. O programa está dirixido a pemes con 1 ou máis empregados por conta allea e a organismos intermedios, como asociacións ou clúster que propoñan proxectos para varias pequenas e medianas empresas.

O programa Innoempresa inclúe 9 liñas diferentes, que se dividen en tres grandes bloques destinados a impulsar: a fase inicial de diagnóstico e o comezo dunha organización innovadora, o desenvolvemento de novos produtos e a posta en marcha de proxectos de colaboración.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios