Jueves, 01 Marzo 2018 12:34

II Encontro dos espazos coworking Igape-EOI. Santiago de Compostela, 7 de marzo

Escrito por 

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración co Escuela de Organización Industrial (EOI), organizan o II Encontro de espazos coworking o vindeiro 7 de marzo no Edificio Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta xornada dará a coñecer varios dos mellores proxectos desenvolvidos polos emprendedores e novos empresarios participantes nos 8 espazos Coworking (Santiago, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés) postos en marcha polo Igape e a EOI.

Os espazos coworking son un lugar de traballo destinado a emprendedores innovadores nos cales facilitar o éxito na maduración e posta en marcha de novos proxectos co apoio de titores e mentores, así como da propia rede que se configura entre os propios participantes nos coworking.

AXENDA

  • 09:30h Acreditación e entrega de documentación
  • 10:00h Inauguración e presentación espazos coworking
    • Miguel Sánchez Galindo,director de Innovación, Emprendeores y pymes EOI
    • Norberto Penedo, director do Área de Competitividade do IGAPE
    • Presentación proxectos emprendedores
  • 11:30h Visita da exposición de proxectos
    • Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
    • Adolfo Cazorla, director xeral EOI
  • 11:45h Café-Networking
Visto 21576 veces

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios