Viernes, 19 Enero 2018 14:02

Cursos de formación dirixidos a empresas para a mellora activa nos entornos persoas/tecnoloxías/innovación creativa - Formación en Design Thinking

Escrito por 

Formación en Design Thinking


Obxectivo xeral

Presentar as características do movemento maker, a cultura da colaboración e a innovación aberta, transmitindo algunhas das ferramentas e metodoloxías máis avanzadas a nivel mundial para innovar como o Design Thinking. Dun modo fundamentalmente práctico, trasladaranse aos participantes as ferramentas nos campos da creatividade, a innovación, a comunicación, e a análise do usuario e a intelixencia emocional.

Obxectivos específicos

  • Coñecer e comprender qué é o movemento maker
  • Coñecer e comprender qué é a cultura da colaboración
  • Coñecer e comprender qué é a innovación aberta
  • Identificar os factores clave para innovar
  • Desenvolver a capacidade de búsqueda de áreas de mellora.
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas de análise do usuario/empleado/cliente
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas de creatividade
  • Coñecer e integrar o Design Thinking como ferramenta para a innovación
  • Integrar o feedback como ferramienta de mellora continua
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas para o testeo de produtos ou servizos

A formación estará impartida pola empresa DESIGN THINKERS & MAKERS, S.L., e divídese en 3 partes, a primeira a nivel básico, onde se transmiten conceptos xerais sobre innovación e Design Thinking, a segunda a nivel avanzado, donde a través da metodoloxía se traballa sobre un caso real e a terceira onde se testean as innovacións realizadas para poder melloralas.


Destinatarios da formación
Profesionais en activo en empresas galegas ou con centro de traballo en Galicia.

Prazas: 15 en cada edición

Prazo de solicitude: Ata 3 días antes do comezo de cada acción formativa.

Datas e lugar de impartición

  • 10, 17 e 24 de febreiro . En Santiago de Compostela de 9:00 a 15:00h
  • 3, 10 e 17 de marzo - En Vigo de 9:00 a 15:00 h
  • 24 de marzo, 7 e 14 de abril - En Ferrol de 9:00 a 15:00h

Localidade e infraestruturas

  • Santiago: Designthinking, Rúa do Tambre, 61, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Vigo: Localización pendente de concretar
  • Ferrol: Localización pendente de concretar

http://designthinking.gal

 

Listados de admitidos

Listado de admitidos ao curso Design Thinking edición Ferrol

Listado de admitidos ao curso Design Thinking edición Santiago de Compostela

Listado de admitidos ao curso Design Thinking edición Vigo

Criterios de selección:

  • Orden de inscrición
  • No caso de que se inscriban máis solicitantes que prazas ofertadas decidirase segundo a meirande relación do curso coas funcións do posto de traballo segundo a descrición da folla de inscrición.
  • Darase preferencia a unha persoa por empresa

A lista de alumnos admitidos publicarase en en www.igape.es/es/xornadas ao día seguinte ao peche do prazo de inscrición.
Para consultas relacionadas con programa: 981 541 118 ou no correo  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
O custo do curso é asumido polo Igape e cofinanciado polo FSE nun 80%, sendo gratuito para os alumnos participantes. Os custes de manuteción e aloxamento serán por conta do alumno.

 

 

Visto 21992 veces Modificado por última vez en Martes, 20 Marzo 2018 15:05

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios