Viernes, 09 Junio 2017 12:17

Xornada Técnica Re-acciona: Lean no entorno 4.0, organización e tecnoloxía

Escrito por 

A decisión de camiñar cara á industria 4.0 é estratéxica, de longo alcance e impacto, que require a integración das súas tecnoloxías base na cadea de valor. Cada empresa debe definir a súa propia folla de ruta. A industria 4.0 non substitúe ao Lean Manufacturing, senón que o complementa, por tanto nesta formación, farase especial fincapé na dualidade organización/industria 4.0, axudando a detectar os pasos inmediatos para cada organización, nos seus aspectos organizativos e tecnolóxicos para alcanzar a industria 4.0.

Dirixida a:

Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de sector industrial, produción e fabricación o Igape convídano á xornada técnica Re-acciona que terá lugar o vindeiro venres 16 de xuño nas súas instalacións en Santiago de Compostela.

Inscripcion:

Correo:  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Teléfono: 981 978 786 / 674 624 747

Programa

// 9.15 Recepción de asistentes

// 09.30 Introdución e presentación da Xornada
Paz López Moure. Técnico. Team&Time

// 09.40 Relatorio
A industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras
Carlos Rodríguez González. Técnico. Team&Time

// 11.00 Pausa café

// 11.30 Relatorio
Ferramentas organizativas Lean para abordar o reto da Industria 4.0
Juan Carlos Moral González. Técnico. Team&Time

// 13.00 Relatorio
Diagnóstico da Industria 4.0 
Paz López Moure. Técnico. Team&Time

O programa Re-acciona e Re-acciona TIC
Servizo de mellora da produción e da cadea loxística
Servizo de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0

// 13.30 Finalización da xornada técnica

[ Descargar programa ]

Visto 20532 veces Modificado por última vez en Viernes, 09 Junio 2017 12:36

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios