Jueves, 10 Octubre 2019 11:55

Webinar “Maquinaria 4.0”

Escrito por 

Martes 15 de outubro de 2019, de 9:45 a 11:00

(Online vía webex)

Inscrición no email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  

O próximo 22 de outubro remata a convocatoria de propostas de desenvolvemento do programa “Maquinaria 4.0”. Trátase dunha consulta ás empresas industriais de Galicia para que definan proxectos de maquinaria ou bens de equipo para os que desexarían ter provedores galegos, co fin de escoller as 5 mellores propostas e apoiar o seu desenvolvemento. Toda a información do programa está neste enlace: http://www.igape.es/ser-mais-competitivo/maquinaria-4-0

Co fin de explicar o programa e resolver as dúbidas das entidades que poidan estar preparando propostas, o IGAPE convoca o próximo martes 15 de outubro unha reunión on-line (webinar) coa seguinte axenda:

9:45 – Conexión, presentación e probas de audio/vídeo

10.00 – Breve explicación do programa

10.15 – Debate e resolución de dúbidas.

11.00 – Remate do webinar.

Os interesados en asistir a esta sesión deben enviar un email ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para recibir as instruccións de conexión.

O sistema permite ata 24 prazas, que serán asignadas por orde de solicitude.

 

Visto 21284 veces Modificado por última vez en Jueves, 10 Octubre 2019 12:04

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios