Lunes, 08 Febrero 2016 13:31

III Taller de Marketing Expertise: Innovación Aberta e Comercialización da Innovación

Escrito por 

No ámbito da Estratexia de internacionalización, vai desenvolverse o III taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración da cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na Innovación Aberta e Comercialización da Innovación en mercados internacionais. O obxectivo deste taller é sintonizar as liñas de investigación coas necesidades da industria.

 Este terceiro encontro técnico contará coa participación do Dr. P.A. Breddels, desarrollador de negocios no Holst Centre Research Institute (Países Baixos) e presidente de Condorvista, empresa especializada no asesoramento en desenvolvemento de Negocios para Empresas de alto contido tecnolóxico (start up). Ademais está comprometido con numerosas compañías de alta tecnoloxía holandesas e alemás para axudarlles a incrementar as súas actividades de negocio en Asia e América Latina.

O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim (Alemaña), responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.

 

Día:18 de febreiro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54.

Día: 19 de febreiro, a partir das 11:45 horas.
Lugar: A Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña, Praza de Luís Seoane, Torre 1 Entreplanta.

Día: 19 de febreiro, a partir das 17:45 horas.
Lugar: A Coruña, Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña s/n
.

Programa

Inscricións

 

 LogosMarketingExpertise

Visto 25088 veces Modificado por última vez en Lunes, 15 Febrero 2016 14:51

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios