Miércoles, 19 Diciembre 2018 14:01

Punto de Encontro Antena de IGAPE en China

Escrito por 

Punto de Encontro coa Antena de IGAPE en China, mércores día 9 de xaneiro de 2019, en Santiago de Compostela.

Con motivo da visita a Galicia do Director da Antena de IGAPE en China D. Jesús Hernández, queremos darlle a oportunidade de celebrar reunións individuais coas empresas galegas que mostraron interés ou participaron nalgún programa do IGAPE relacionado con China.

Serán reunións dunhos 45 minutos nos que as empresas poderán abordar, dunha forma individualizada, as súas estratexias e inquedanzas acerca deste mercado.

Día: mércores, 09 de xaneiro de 2019, de 09.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.45h

Lugar: Sede principal do IGAPE, Complexo Administrativo, s/n. 15.703 Santiago de Compostela

Inscrición: as empresas interesadas en asistir a esta xornada deberán inscribirse na páxina web do IGAPE a través da enlace Inscrición

A asistencia a estas reunións é gratuíta, previa inscrición.

Para máis información  pode contactar con nós no teléfono 981 54 11 08 e no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o IGAPE colabora na difusión da "Misión inversa de importadores de México", organizada por AEP-Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria, socio portugués do Proyecto ECICII PLUS.

No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.

As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).

En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:

 

Inscrición

 

Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es

 

Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

Visto 20404 veces Modificado por última vez en Miércoles, 19 Diciembre 2018 15:13

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios