El plazo de presentación finalizó el 04/07/2016

MR632A - INVESTIMENTOS EN EMPRESAS DE PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para empresas de primeira transformación de produtos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as empresas de primeira transformación de produtos forestais.

2. Para poder ser beneficiaria da axuda, a empresa debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser peme (pequena e mediana empresa) radicada en Galicia. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

b) Ser industria de primeira transformación de produtos forestais que empregue no proceso de transformación máis de 10.000 m3 de materia prima (rolla ou outros produtos forestais).

c) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.
2º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
3º. Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
4º. Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
5º. Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

d) Deberá cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este) e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental. A empresa deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, requisito que será comprobado pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

e) Deberá ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

f) Deberá estar inscrita no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Este requisito será comprobado pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

g) Deberá ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar
o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

h) Non poderá ser beneficiaria aquela empresa que entren dentro da categoría de empresas en crise. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Sectores incentivables

Primeira transformación de produtos forestais

Inversiones o gastos computables

1. Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos en empresas de primeira transformación de produtos forestais que superen os 10.000 m3 de materia prima empregada nos procesos de transformación da dita materia prima e posteriores. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención. En ningún caso se poderán subvencionar investimentos que se utilicen para producir bens de consumo final.

Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo. Neste caso a Administración verificará a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria.

2. Os investimentos subvencionables son os seguintes:

1º. Bens de equipo e instalacións en serradoiros do proceso de serra e posteriores: carro de serra, serras, canteadora, retestadeiras, empilladora/clasificadora de táboa, instalación antiazulado, etc.

2º. Obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de serra, nave de serrado, obra civil para almacenamento de produtos no propio serradoiro.

3º. Bens de equipamento e instalacións en industrias de primeira transformación doutros produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.), do proceso de transformación e posteriores: esteladoras fixas, cribas, etc.

4º. Obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de primeira transformación, nave de primeira transformación, obra civil para almacenamento de produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.) na propia industria.


Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) A renovación de maquinaria que non implique incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción. Neste caso valorarase unicamente a diferenza de custo.

d) Os gastos de reparación e mantemento.

e) Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.

f) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

g) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

h) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos.

i) Maquinaria de segunda transformación aínda que sexa na propia industria de primeira transformación: cepilladoras, agargaladoras, peletizadoras, etc.

k) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da presente convocatoria ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude.

l) Investimentos en instalacións ou equipamentos que se utilicen para producir un ben de consumo final.

m) O IVE nin ningún outro tributo recuperable polo beneficiario.

Cuantía de las ayudas

1. Os investimentos terán unha subvención básica dun 25 %, que, no caso de pequenas empresas, poderá incrementarse ata un máximo do 35 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

2. Unha axuda exenta en virtude do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, poderá acumularse con calquera outra axuda exenta en virtude do mesmo regulamento sempre que as ditas medidas de axuda se refiran a custos subvencionables identificables diferentes.

3. A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Referencia legislativa

ORDE do 19 de maio de 2016 (DOG Nº105 do 03/06/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E PRODUCIÓN FORESTAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS

SERVIZO DE FOMENTO FORESTAL
San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546077 Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Información web: http://emediorural.xunta.es/oav


1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Observaciones

O prazo de xustificación finalizará o 30 de outubro de 2016 e o 30 de xuño de 2017, segundo a anualidade que corresponda. Poderanse conceder prórrogas de cada anualidade, de acordo co artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de solicitude razoada realizada cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de xustificación.