El plazo de presentación finalizó el 27/05/2024

IG240 - AXUDAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES 2024 (IG300C)

Finalidad / Objetivo

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

A presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.
Liña de actuación 1.2.01. Axudas á dixitalización avanzada das empresas galegas, incluídas as entidades do terceiro sector.
Ámbito de intervención 013. Dixitalización de pemes (incluídos o negocio e o comercio electrónicos e os procesos empresariais na rede, os polos de innovación dixital, os laboratorios vivintes, os ciberemprendedores, as empresas emerxentes baseadas en TIC, o comercio electrónico entre empresas).

Beneficiarios potenciales

1. As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.
Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade, que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial

2. As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais.

3. Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Unha vez concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da súa axuda. No caso de que o proxecto das pemes estea coordinado por un organismo intermedio, este non formará parte da agrupación.

4. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

- As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
- As epresas en crise.
- As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros.

Sectores incentivables

Empresas de calquer sector económico excepto:

- O sector da pesca e a acuicultura; ao sector da produción agrícola primaria; aos sectores do aceiro, o lignito e o carbón; ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa; a produción, almacenamento, transporte e distribución e as infraestruturas de enerxía; e o sector da banda larga.

- As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

2º Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.

3º Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares).

4º Implementación dun sistema de mellora da función loxística da empresa, parcial ou integral nalgún dos seguintes ámbitos de actuación:

* Dixitalización e automatización:

1. Automatización e/ou robotización de procesos loxísticos (carga e descarga, almacenaxe, transporte e distribución).
2. Xeolocalización ou sensorización para control de ubicacións, con diferentes fins (trazabilidade, vixilancia, localización, etc.) de cargas, contedores e medios de transporte.
3. Aplicación de vehículos autónomos e elementos auxiliares para automatizar operacións de transporte interno ou carga e descarga.
4. Implantación de compoñentes ou equipos en elementos de transporte exterior que optimicen capacidade de carga ou reduzan emisións de GEI dos vehículos.

* Procesos e aplicacións:

5.Desenvolver e implantar procesos de loxística inversa e/ou recuperación ou reciclaxe de materiais de envasado, empaquetado, ou calquera outro utilizado na preparación das mercadorías para o transporte.
6. Desenvolver e adaptar contratos intelixentes e/ou xestión de información en cadeas de bloques (blockchain).
7. API´s colaborativas e de intercambio de datos.
Virtualización e analítica de datos
8. Aplicación de realidade virtual e/ou aumentada aos procesos loxísticos.
9. Algoritmia e análise de datos aplicados aos procesos loxísticos.
10. Simulación e virtualización de procesos loxísticos.
11. Monitorización e propostas de redución de pegada de carbono no transporte e distribución de mercadorías.

b) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º) Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais, incluídas aquelas orientadas a mellora da función loxística do conxunto de empresas.

2º) Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade, así como a implantación dun sistema de mellora da función loxística, parcial ou integral, de uso común, especificamente aplicable para o seu ámbito de actividade.

Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

2. Os proxectos deberán estar finalizados para poder optar ao cobro da subvención. Enténdese que os proxectos están finalizados cando exista a capacidade de interconexión multiempresa de procesos no caso dos proxectos colectivos ou cando as interfaces poidan conectar á persoa solicitante con outra ou outras empresas, ou ben os sistemas de dixitalización estean implantados e operativos, no caso de proxectos individuais, o que se acreditará na memoria de xustificación.

3. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables.

4. O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

5. Todos os proxectos deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente (principio DNSH).

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos deberán acadar as seguintes puntuacións mínimas para poder optar á concesión da axuda en réxime de concorrencia competitiva:

Modalidades do artigo a): 40 puntos.
Modalidades do artigo b): 60 puntos.

Inversiones o gastos computables

Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade (que para ser subvencionables deben contabilizarse nunha conta contable do grupo 2) que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto, sempre que a tipoloxía do investimento resulte directamente relacionada cos correspondentes ámbitos de actuación. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte exterior, equipamento de oficina e o equipamento TIC básico (tal como ordenadores de sobremesa, portátiles, teléfonos intelixentes, tablets, impresoras). Non obstante, excepcionalmente poderase autorizar a adquisición de equipamento TIC que pola súa especificidade quede xustificado no ámbito de desenvolvemento do proxecto, cando o seu subministro sexa imprescindible para a implantación do proxecto, sen que poidan ser utilizados para outros fins distintos á devandita implantación.

b) Servizos de consultaría externa de carácter tecnolóxico ou organizativo (que para ser subvencionables debe contabilizarse nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica e consultaría directamente relacionada coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e polo tanto non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutineiros de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento nin calquera outros non vinculados directamente ao obxecto do proxecto.

Os conceptos subvencionables, poderán reclasificarse de oficio atendendo á súa descrición.

Non se aprobarán proxectos que non propoñan chegar a resultados, como estudos de viabilidade ou deseño de solucións illadamente do seu desenvolvemento e implantación na empresa solicitante.

Así mesmo, non serán subvencionables aquelas colaboracións externas nas que non se indique con claridade o resultado a obter, os entregables previstos e como se integrará ese traballo no resultado final global do proxecto.

a) Nos proxectos da modalidade do artigo 1.b), se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto, ata un máximo de 1.500 € (excluído IVE) por cada peme beneficiaria participante no proxecto, ata un importe total máximo de 6.000 € por proxecto (excluído IVE). Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultaría externa e dividirase entre todas as pemes participantes.

b) Nos proxectos que sexan coordinados por un hub de innovación dixital, dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID, cun importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €, excluídos os gastos de coordinación do hub, será subvencionable, ata un máximo de 6.000 € o servizo de consultaría desenvolto polo hub en concepto de coordinación, apoio á definición do proxecto, apoio na selección de tecnoloxías e provedores e seguimento da implementación do proxecto. Adicionalmente, deberase achegar declaración do hub de innovación dixital, conforme non se proporcionou á peme solicitante ningún outro tipo de servizo e/ou asesoramento financiado con outros programas de axuda e concorrente co que se presta ao abeiro desta axuda.

c) Para aqueles proxectos nos que as colaboracións externas ou ben a adquisición de activos inmateriais superen os 30.000 € ou a suma de investimentos e colaboracións supere os 45.000 € (considerando exclusivamente os conceptos indicados nas alíneas a) e b) deste punto) será subvencionable o informe dun enxeñeiro colexiado cualificado, ata un importe máximo de 2.000€, que deberán achegar de acordo co establecido no artigo 17.5.f. Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultaría externa.

3. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar una contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% do importe subvencionable, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública, o que será obxecto de declaración responsable tanto na solicitude inicial como na solicitude de cobramento.

4. Os investimentos e gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos importes alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable.

5. O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.

6. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos pola persoa beneficiaria en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

7. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables superen as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 €) deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente núme¬ro de entidades que os subministren.
8. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da persoa beneficiaria se manteña en Galicia durante este período.

9. No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador 4) formar parte dos activos da empresa beneficiaria e permanecer vinculados co proxecto para o que se concede a axuda durante polo menos tres anos. Este extremo acreditarase coa declaración expresa da persoa beneficiaria no formulario de solicitude de cobramento.

10. Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. Excepcionalmente, o Igape poderá autorizar a contratación con provedores vinculados cando a persoa solicitante xustifique a necesidade de contratar ao provedor vinculado e acredite que a contratación atende a prezos de mercado.
11. Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros e en ningún caso o importe de adquisición dos investimentos ou os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.

12. Non se considerará o IVE como gasto subvencionable.

13. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial

Cuantía de las ayudas

1. A subvención será do 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas.

A subvención será do 50% dos gastos en servizos de consultaría subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no art. 5.2.c) e 5.2.d), de existiren, terán a consideración de colaboracións externas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de un mes contado dende as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes.


Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.

Referencia legislativa

Resolución do 18 de abril de 2024 (DOG Nº82 do 25/04/2024) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:

1. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá en www.tramita.igape.es

As pemes poderán presentar unha única solicitude para cada un dos catro tipos de proxecto dos definidos no artigo 1.1.a); no caso de que un proxecto conteña unha mestura de tipoloxías, as persoas solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto dos definidos no artigo 1.1.b); non obstante, as pemes poderán presentar ata catro proxectos individuais (un por cada tipo dos definidos no artigo 1.1.a) e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

2. As persoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto, que deberá conter mención explícita aos criterios de avaliación e selección de proxectos aplicables (artigo 6).
b) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado,
c) No caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil, escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, e modificacións posteriores destes.
d) No caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil, poder da persoa representante que presenta a solicitude.
e) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación
f) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará de acordo co anexo V das bases.
g) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio «Do no significant harm»-DNSH), segundo o anexo VI a estas bases.
h) De ser o caso, declaración do hub de innovación dixital.

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos de transformación dixital das pemes non poderá superar o 30 de xuño de 2025.

As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 15 de decembro de 2024 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de decembro de 2024 ou anterior, e como máis tarde o 30 de xuño de 2025 no resto dos proxectos.