El plazo de presentación finalizó el 23/11/2023

IG295 - GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS - AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS EMPRESAS GALEGAS (2023)

Finalidad / Objetivo

Incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Así mesmo, preténdese incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

As subvencións previstas nestas bases estarán financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios potenciales

a) Os organismos intermedios empresariais de Galicia.

Este concepto inclúe ás asociacións empresariais, confederacións empresariais (domiciliadas en Galicia), os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, así coma os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdese por clúster empresarial aos efectos destas bases, as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

b) Consideraranse así mesmo beneficiarias ás empresas -que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia- que participen directamente nas accións subvencionadas e ás que se lles imputará a axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas en minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

d) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Requisitos principales del proyecto

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, terá que alcanzar a cantidade de 3.000 euros (IVE excluído).

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, terá que alcanzar a cantidade de 3.000 euros (IVE excluído).

Existen dúas modalidades de participación nas accións:

* Acción sectorial: acción promovida e desenvolta polo Organismo Intermedio representando a todo o sector ou a todas as empresas asociadas ao dito Organismo.

No caso de Organismo multisectorial, a acción deberá representar polo menos a dúas empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

* Acción grupal: acción promovida polo Organismo Intermedio pero realizada directamente polas pemes. Deberán participar ao menos dúas empresas asociadas ao Organismo. O Organismo pode acompañar ás ditas empresas, nese caso, os gastos nos que incorra o persoal do mesmo imputaranse ás pemes participantes na acción. O número máximo de empresas participantes nunha acción grupal será 20, independentemente de que o Organismo acompañe ás mesmas.

Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:

a) Accións de difusión.

a).1. Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, radio, televisión, internet, ou outros medios, incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

Nestes gastos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado.
Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola realización de campañas conxuntas de publicidade, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) correspondente á variación do IPC medio desde febreiro do ano 2022 a agosto do ano 2023 (8,4%).

Gastos subvencionables:

Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente. Así como os gastos correspondentes a campañas de posicionamento dixital.

As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto. Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferentes campañas para mercados diferenciados.

a).2. Elaboración de material promocional conxunto.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola elaboración de material promocional conxunto, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4%).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia externa en orixe ou destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Quedan excluídos deste apartado os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferente material promocional para mercados diferenciados.

b) Accións de promoción.

b).1. Neste apartado inclúense:

A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario Oficial de Feiras Comerciais Internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para o ano 2023 publicadas no Boletín Oficial do Estado.

A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados no estranxeiro por terceiros non vinculados ao organismo nin ás empresas solicitantes nin empresarial nin comercialmente. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións, e outras de similar natureza.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos custos subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementouselles a variación do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4%). Ademais, a efectos de implementar o disposto na Estratexia de Internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (5.634,77 €), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.2.b).1 das bases reguladoras.

Gastos subvencionables:

1º Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.

3º Gastos de aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: dereitos de inscrición, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario e equipamento, aluguer de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmontaxe de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

A participación en misións comerciais: inclúense tanto misións directas que se desenvolven por medio de visitas e encontros programados con empresas demandantes de bens e servizos, como as visitas conxuntas a feiras ou a outros eventos expositivos con carácter internacional.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4%). Ademais, a efectos de implementar o disposto na Estratexia de Internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (1.040,43 €), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.2.b).1 das bases reguladoras.

Gastos subvencionables:

1º Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.

b).2. Misións empresariais inversas: as misións comerciais que reúnen a clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores con sede no estranxeiro, co fin de dar a coñecer ao Organismo Intermedio e/ou a varias das empresas asociadas ou representadas, e as súas instalacións, presentar os produtos galegos con posibilidades de ser exportados ao mercado de interese e establecer relacións comerciais e/ou sondear posibles fórmulas de cooperación.

As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións do Organismo intermedio e/ou das empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, como ao lugar/es de emprazamento do/s proxecto/s que o Organismo solicitante e/ou varias das empresas asociadas realizase/n ou estea/n a realizar e que queira/n mostrar como modelo/s a clientes potenciais. Tamén poderán incluírse visitas a puntos estratéxicos en Galicia para a exportación (portos, aeroportos, centros loxísticos, Organismos públicos, etc.).

Neste tipo de accións exíxese un mínimo de tres empresas/prescriptores visitantes.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos custos subvencionables pola participación en misións inversas, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4%). Ademais, a efectos de implementar o disposto na Estratexia de Internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (6.918,65 €), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.2.b).2 das bases reguladoras.

Gastos subvencionables:

1º Gastos da viaxe a Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
2º Gastos de aloxamento en Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes.
3º Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.
4º Gastos de alugamento de salóns e espazos.
5º Gastos de intérpretes.

Non se entenderán incluídas como accións de promoción:
- As feiras ou eventos expositivos, de tipo virtual.
- Os mercados de época, os mercados festivos e os mercadillos artesáns.
- Aqueles espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venta.
- As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings.
b) Os convites.
c) Os custos de elaboración e posicionamento de páxinas web e redes sociais.
d) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
e) Folletos, material de papelería, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
f) Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.
g) O aluguer de espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.
h) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

4. So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario e liña, na que se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar mais de unha solicitude entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.

5. Os gastos subvencionables serán os realizados pola empresa ou organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 15 de decembro de 2023.

6. A solicitude de axuda poderá incluír accións integramente executadas con anterioridade á súa presentación. Neste caso, xunto coa solicitude poderá achegarse a documentación xustificativa do cumprimento das condicións impostas relacionadas no artigo 17 destas bases. Se a documentación estivese completa, o órgano instrutor resolverá a concesión da axuda, e procederá ao pagamento ao número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude.

Se a solicitude de axuda inclúe accións que se deban executar con posterioridade á data de solicitude, non se poderán incluír accións posteriores ao 15 de decembro de 2023 (data de facturación).

7. Os provedores teñen que ser independentes, non poderán estar asociados nin vinculados entre si nin coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o artigo 43.2 do Decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos apartados 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non serán admisibles as facturas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do servizo atendendo ao seu obxecto social e/ou alta en actividade económica compatible cos servizos prestados.

Excepcionalmente, poderase autorizar a contratación con provedores vinculados, con carácter previo á concesión, cando se xustifique a necesidade por parte da persoa solicitante e se acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

8. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

10. Todos os gastos deben ser facturados á empresas ou organismo intermedio solicitante e pagados directamente por eles. Non se admiten pagamentos en efectivo.

11. Non se subvencionarán os servizos contratados relacionados coa actividade empresarial da persoa solicitante da axuda.

12. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

13. No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establece-mento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

14. No caso de que o solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado ao efecto nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da devandita Lei de contratos do sector público. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa, podendo o seu incumprimento dar lugar á perda do dereito ao cobro total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme ao artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese apartado 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

Cuantía de las ayudas

Para as accións incluídas nesta convocatoria o límite máximo de subvención, será de 400.000 € por beneficiario e convocatoria.

Contías de axuda:

a) Accións de difusión:

a).1. Campañas conxuntas de publicidade: a contía de axuda é un importe de incentivo fixo de 6.160,70 €.

a).2. Elaboración de material promocional conxunto para a súa difusión en mercados estranxeiros: a contía de axuda é un importe de incentivo fixo de 7.929,41 €.

b) Accións de promoción:

b)1.1 Participación como expositor en feiras ou outros eventos expositivos:

Accións suxeitas ao o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica na que se desenvolva a acción:

Límite Incentivo acción mínima: 5.634,77€

Área Xeográfica / Importe do Incentivo / Importe Incentivo por empresa adicional / Importe Incentivo máximo por evento

España e Portugal - 1.690,43 € / 312,01 € / 7.618,62 €
Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania - 3.380,86 € / 624,02 € / 15.237,24 €
Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania - 3.944,34 € / 728,02 € / 17.776,78 €
Todo o resto de Europa fora da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido . 3.944,34 € / 728,02 € / 17.776,78 €
Rusia - 4.507,82 € / 832,03 € / 20.316,32 €
Reino Unido - 4.226,08 € / 780,02 € / 19.046,55 €
Estados da costa Este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México - 4.507,82 € 832,03 € 20.316,32 €
Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa) - 5.071,30 € 936,03 € 22.855,86 €
Estados da costa Oeste de EE.UU. e de Canadá - 5.071,30 € 936,03 € 22.855,86 €
Toda América central e do Sur - 4.507,82 € 832,03 € 20.316,32 €
China e Japón - 5.634,77 € 1.040,03 € 25.395,40 €
Resto de Asia - 4.507,82 € 832,03 € 20.316,32 €

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

b)1.2 Participación en misións directas ou visita conxunta a feiras:

Accións suxeitas ao o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica na que se desenvolva a acción:

Límite Incentivo acción mínima 1.040,43€

Área Xeográfica / Importe do Incentivo / Importe Incentivo por empresa adicional / Importe Incentivo máximo por evento

España e Portugal - 312,01 € / 312,01 € / 6.240,20 €
Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania - 624,02 € / 624,02 € / 12.480,40 €
Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania - 728,02 € / 728,02 € / 14.560,46 €
Todo o resto de Europa fora da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido - 728,02 € / 728,02 € / 14.560,46 €
Rusia - 832,03 € / 832,03 € / 16.640,53 €
Reino Unido - 780,02 € / 780,02 € / 15.600,49 €
Estados da costa Este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México - 832,03 € / 832,03 € / 16.640,53 €
Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa) - 936,03 € / 936,03 € / 18.720,59 €
Estados da costa Oeste de EE.UU. e de Canadá . 936,03 € / 936,03 € / 18.720,59 €
Toda América central e do Sur - 832,03 € / 832,03 € / 16.640,53 €
China e Japón - 1.040,03 € 1.040,03 € 20.800,66 €
Resto de Asia - 832,03 € / 832,03 € / 16.640,53 €
Oceanía - 936,03 € / 936,03 € / 18.720,59 €
África - 832,03 € / 832,03 € / 16.640,53 €

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

b).2. Participación en misións empresariais inversas: accións suxeitas ao o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica de procedencia da misión:

Límite de Incentivo 6.918,65€

Área Xeográfica / Misión procedente de 1 país
Portugal / 2.075,60 €
Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania / 4.151,19 €
Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania / 4.843,06 €
Todo o resto de Europa fora da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido / 4.843,06 €
Rusia / 5.534,92 €
Reino Unido / 5.188,99 €
Estados da costa Este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México / 5.534,92 €
Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa) / 6.226,79 €
Estados de la costa Oeste de EE.UU. e de Canadá / 6.226,79 €
Toda América central e do Sur / 5.534,92 €
China e Japón / 6.918,65 €
Resto de Asia / 5.534,92 €
Oceanía / 5..226,79 €
África / 5.534,92 €

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

Exíxese un mínimo de tres empresas/prescriptores visitantes.

No caso de que a misión inversa estea formada por empresas/prescriptores de varias áreas ou países, o importe do incentivo calcularase utilizando o límite da área xeográfica da que procedan a meirande parte dos mesmos.

No caso de que coincida o número de empresas provintes de varias zonas, tomarase o importe da área xeográfica co maior importe de incentivo.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de un mes contado dende as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións, ingresos ou apoios para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais públicos ou privados sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable ou a intensidade máxima da axuda prevista para a outra subvención.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite nun período de tres exercicios fiscais.

As liñas Galicia Exporta Empresa e Galicia Exporta Organismos Intermedios son incompatibles entres si.

Referencia legislativa

Resolución do 10 de outubro de 2023 (DOG Nº201 do 23/10/2023) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:

A solicitude presentarase obrigatoriamente polos medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, desde as 8:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

Os organismos interesados deberán xuntar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Certificado acreditativo da inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31/12/2016, no caso de centros de innovación e tecnoloxía.

c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 4.3.d) das bases reguladoras, o beneficiario debe cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co Anexo IV destas bases:

i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.
ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

Observaciones

Os gastos subvencionables serán os realizados pola empresa ou organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 15 de decembro de 2023. Esta data é a última admisible de facturación. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobro.

As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.