El plazo de presentación finalizó el 31/10/2023

IG253 - PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL XERAIS (2023)

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan a unha das seguintes tiploxías:

- Creación dun novo establecemento.
- Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
- Diversificación da producción dun establecemento existente en productos que anteriormente non se producían no mesmo.
- Cambio fundamental no proceso global de producción do produto ou produtos afectados polo investimento no establecemento.

As axudas da presente convocatoria son susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Liña de actuación 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Campo de intervención TI0021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Tipos de apoyo

Subvencións e préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.
O financiamento da parte reembolsable dos préstamos farase con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios potenciales

1. As pequenas e medianas empresas (pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado en Galicia, considerado subvencionable.

2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído.
b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
d) As empresas en crise.
e) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
f) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, .

Sectores incentivables

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

* CNAEs subvencionables: Do 08 ao 11, 13 ao 23, 25 ao 33, 38.2, 38.31, 38.32, 45.2, 45.4 (só mantemento e reparación), 52.10, 52.24, 59, 61, 71.20, 77.31 (só maquinaria e equipamento de uso forestal), 77.32, 77.39 (só motores, turbinas, máquinas ferramenta, equipamentos de extracción mineira, equipamentos de radio, televisión e comunicación, equipamentos profesionais de producción cinematográfica, equipos de medición e control, e outra maquinaria de uso industrial), 82.92.

Exclúense:

- A produción e comercialización agrícola primaria, as actividades do sector do aceiro, do lignito e do carbón, do sector do transporte así como as infraestruturas conexas, a produción, almacenamento, transporte e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxética e ao sector da banda ancha.
- Sector dos produtos da pesca e acuicultura.

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos deberán ter un investimento mínimo subvencionable de 50.000 € e máximo de 900.000 €. No caso de que o investimento subvencionable supere o límite máximo, axustarase o investimento subvencionable a esa contía máxima.

* Os proxectos de creación dun novo establecemento deberán responder a algunha das situaciones seguintes:

- Creación dun primeiro establecemento.
- Creación dun novo establecemento noutra ubicación diferente ou por traslado con ampliación da capacidade produtiva.

* Nos proxectos de diversificación da produción dun establecemento existente en productos que anteriormente non se producían no mesmo, o investimento subvencionable deberá superar o 200% do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado á data de presentación da solicitude.

* Os proxectos de cambio fundamental no proceso global de producción suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

* Requisitos:

1. A persoa beneficiaria deberá realizar unha aportación financeira mínima do 25% dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.

2. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

3. O período de execución dos investimentos subvencionables abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión. Con carácter xeral, rematará dentro dos 18 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión.

4. Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público, (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra) a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, excepto que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.
No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada. Exceptúase tamén deste requisito a adquisición de activos dun establecemento regulada no artigo 6.2 destas bases.

5. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Todos os elementos do investimento proxectados deberán estar vinculados e responder á tipoloxía de proxecto para a que se solicita a axuda. Non serán subvencionables os elementos non relacionados ou que non contribúan á dita tipoloxía.

7. Os proxectos deberán estar vinculados ás actividades subvencionables establecidas nas bases.

Cando un ou varios elementos integrantes do proxecto estea ou estean vencellados a mais dunha actividade da empresa e unha ou máis non fosen subvencionables, considerarase exclusivamente o importe proporcional á vinculación do elemento en cuestión á actividade subvencionable para a que se propón o proxecto.

8. Os proxectos deberán esta vinculados a un único establecemento por solicitude e a un único titular. Non serán subvencionables os investimentos que vaian ser utilizados por empresas distintas á solicitante ou noutros establecementos.

9. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables os seguintes conceptos de investimento:

1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:

a) Nova construcción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da persoa solicitante, ou sobre os que a persoa solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa —outorgados por persoas ou entidades non vinculadas á persoa solicitante— cunha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do proxecto establecida na resolución ou acordo de concesión.
O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil nova incluído na solicitude de axuda será o que resulte da aplicación dos módulos recollidos no Anexo I.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil en reforma ou rehabilitación será o que resulte da aplicación dos módulos anteriores multiplicados por 0,60.

b) Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados por persoa ou entidade non vinculada coa persoa solicitante. O arrendamento deberá ter una vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do proxecto que figure na resolución ou acordo de concesión. O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento da reforma será o que resulte da aplicación dos módulos detallados no apartado anterior multiplicados por 0,60.

c) Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado. O importe da construción que poderá considerarse subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición. No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

d) Nos casos de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o custo subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios recollidos no apartado anterior, e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade da persoa solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente.
A obra civil debe ser executada e facturada por terceiros. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola persoa solicitante.

2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, utillaxe (incluídos os moldes, plantillas e troqueis), equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

En ningún caso terán a consideración de bens de equipamento as obras necesarias para a súa instalación.

3. Outros investimentos en activos fixos: mobiliario, equipos para procesos de información e envases ou embalaxes que, polas súas características, deban considerarse como inmobilizado.

4. Aplicacións informáticas directamente vinculadadas co proceso produtivo, que cumpran os seguintes requisitos:
- Utilización exclusiva no establecemento beneficiario da axuda.
- Ser amortizables.
- Adquisición en condicións de mercado a terceiros non vinculados co comprador.
- Deben formar parte do activo da empresa e permanecer vinculados ao proxecto subvencionado durante, polo menos, 3 anos.

5. Adquisición de activos dun establecemento.

A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirira será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
- que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador;
- que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria,
- e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada.
Cando un membro da familia do/a propietario/a inicial ou un/unha empregado/a se faga cargo dunha pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

* Os proxectos deberán acadar a seguinte simetría entre o investimento infraestructural (obra civil e outros conceptos inmobiliarios), que denominaremos “O” e o investimento subvencionable en bens de equipamento, que denominaremos «M». O importe que se subvencionará no conxunto de investimento «O» será, como máximo, do triplo de «M».

En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.
En ningún caso se considerará o IVE como concepto subvencionable

- Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos nos que así se prevexa expresamente no cadro de especificacións do anexo I, ou para a adquisición de activos dun establecemento.
- Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria, admitíndose, como excepción e de xeito expreso, a obra civil en terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados.
- Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

a) Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.
b) Os custos de traslado de bens equipo que xa sexan propiedade da empresa.
c) Os custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.
d) A adquisición das instalacións nas que a solicitante viña desenvolvendo a súa actividade en réxime de alugueiro ou dereito de uso de calquera tipo.

Cuantía de las ayudas

A porcentaxe de subvención resultante non excederá do 35% no caso das microempresas e pequenas empresas e de 25% no caso das medianas empresas.

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable pola porcentaxe de subvención, que será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

1. Tamaño de empresa:
Microempresa e pequena empresa: 24% / Mediana: 15%

2. Mantemento de emprego: 3%

3. Creación de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia:

- Por cada posto de traballo para ocupar por persoas con discapacidade
Microempresa: 3%
Pequena empresa: 2%
Mediana: 1%

- Por cada posto de traballo distinto do anterior:
Microempresa: 1,5%
Pequena empresa: 1%
Mediana: 0,5%

Puntuación máxima para o criterio de creación de emprego:
Microempresa e pequena empresa: 3% / Mediana: 2%

4. Aportación de certificación ambiental relacionada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo: 3%

5. Proxectos localizados nun concello declarado como concello emprendedor: 2%

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 08:00 horas do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14:00 horas do 31 de outubro de 2023. O prazo de presentación comezará o 2 de outubro ás 8:00 h.

Admítese que as solicitudes presentadas á convocatoria de 2022 que non puidesen ser avaliadas por esgotamento do crédito e reiteren a mesma solicitude de proxecto na presente convocatoria 2023, manterían a data da solicitude inicial como referencia para o efecto incentivador da axuda e unicamente a este efecto, a súa nova solicitude terá a orde de prelación que lle corresponda na nova convocatoria, segundo a data de presentación.

Incompatibilidades

Estas axudas e préstamos son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables.

Referencia legislativa

Resolución do 18 de setembro de 2023 (DOG Nº186 do 29/09/2023) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 26 de xuño de 2024 (DOG Nº129 do 04/07/2024) - Esgotamento do crédito

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
- Nas oficinas territoriais do IGAPE

*Tramitación:

Só poderá presentarse unha única solicitude en toda a convocatoria, debendo escoller entre a liña de axudas a investimentos xerais, axudas ao investimento en equipamento produtivo ou préstamo parcialmente reembolsable. No caso de que a peme conte con máis dunha localización de instalacións en Galicia, poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que os proxectos se dirixan a dúas localizacións distintas.
Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade da persoa solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

Observaciones

Unha vez presentadas, as solicitudes non poderán modificarse para adaptarse aos requisitos para a obtención das axudas nin para evitar atender os requirimentos de emenda de documentación no seu caso. Só se admitirán modificacións relativas á localización, redución de elementos de investimento e á actualización do importe dos investimentos.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 31 de marzo de 2026.

Unha vez pechada a convocatoria, abrirase un rexistro de presolicitudes que permanecerá aberto ata a apertura da seguinte convocatoria. As solicitudes de inscrición neste rexistro deberán conter todos os datos relativos ao proxecto de investimento e non poderán ser modificadas –agás actualización de importes- nin serán obxecto de revisión nin de requirimento de emenda, pero poderán rexeitarse se non conteñen datos abondo para identificar o proxecto.
Unha vez aberta a seguinte convocatoria, para as solicitudes que opten daquela á concesión das axudas, terase en conta a data de presentación da presolicitude no rexistro en relación exclusivamente ao efecto incentivador e sempre que se trate do mesmo proxecto.