El plazo de presentación finalizó el 29/12/2023

IG286 - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR A OPERATIVA DAS EMPRESAS NO CONTEXTO ACTUAL DE INCREMENTO XENERALIZADO DO CUSTO DAS MATERIAS PRIMAS E DA ENERXÍA (2023)

Finalidad / Objetivo

Apoiar financeiramente empresas que desenvolven actividades no sector da industria manufactureira, para permitirlles financiaren a longo prazo pagamentos operativos, dispoñeren dun fondo de manobra suficiente, financiaren investimentos para a mellora competitiva, a través da produtividade, redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética e/ou dispoñeren de garantías pignoraticias para acceder aos avais técnicos e financeiros necesarios para a súa actividade.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para aactuación unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

d) Que veñan desenvolvendo durante máis de tres (3) anos algunha das actividades comprendidas nos CNAE 03, 05 a 09, e 10 a 33 e ademais acrediten, mediante unha memoria explicativa, que a súa actividade se viu afectada en gran medida polo incremento de custos de aprovisionamentos e enerxéticos, sen poder repercutir en prezos a totalidade destes encarecementos. A memoria deberá estar sustentada en feitos cuantitativos, explicados sobre un balance con data de final do último trimestre natural anterior ao da presentación da solicitude, e unha conta de perdas e ganancias do período comprendido entre o inicio do exercicio económico e a data do citado balance, comparados con estados financeiros históricos da empresa. A falta de explicación suficiente destes feitos poderá ser causa de denegación da solicitude.

2. Para esta modalidade de préstamo, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 do Real Decreto Lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do Libro Segundo do devandito Real Decreto Lexislativo 1/2020, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento ou un acordo extraxudicial de pagos.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

CNAE 03, 05 a 09, e 10 a 33.

Requisitos principales del proyecto

1) O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pagamento dos conceptos subvencionables.

2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de devolución dos préstamos será de 8 anos, incluíndo 2 de carencia na amortización de principal.

3) Tipo de xuro e axuda implícita.

a) Tipo de xuro ordinario.

O tipo de xuro nominal anual determinarase para toda a vida do préstamo no momento da concesión, resultado de sumar:

– Tipo de referencia: será a media do euríbor a 1 ano do mes anterior á data da proposta de acordo de concesión do préstamo.
– Marxe adicional: será de 1 punto porcentual. Se o resultado da subvención implícita no préstamo, obtida aplicando os criterios recollido no anexo III, supera o límite de axuda de minimis, incrementarase a marxe adicional para diminuír a vantaxe financeira respecto ao mercado ata cumprir este límite.
O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

b) Tipo de xuro de demora.
O prestameiro incorrerá de pleno dereito en demora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 4 puntos porcentuais anuais.

c) Axuda implícita.
Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme o anexo III das bases.

4) Plan de amortización.
Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros Para o cálculo do plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés.

5) Garantías.
Con carácter xeral, para esta modalidade de préstamos non se exixirán garantías adicionais á responsabilidade universal da prestameira

Disposición de fondos:
A beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de novembro de 2024
O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso, este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo.

Cualificación requerida del proyecto

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito nesta modalidade de préstamo son de interese para Galicia polo seu impacto no sector industrial e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

Inversiones o gastos computables

Para esta modalidade de préstamo poderán ser financiados os seguintes elementos:
Os conceptos que se van financiar co préstamo serán os previstos nas alíneas a) e b),
Bens tanxibles e bens intanxibles, cando correspondan a investimentos para a mellora competitiva, a través da produtividade, redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética, e alínea d), capital de explotación.

A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto coa solicitude, con base nas necesidades financeiras estimadas para a operativa empresarial. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, con base na análise dos estados financeiros da solicitante.


a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministración de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.
b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.
d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade, que deberá cumprir o seguintes dous requisitos:
1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base na solicitude da titular, nos estados financeiros históricos e nas previsións de actividade.
2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:
i) Compras de mercadorías,
ii) Prestación de servizos:
iii) Gastos de persoal:
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica, se é o caso.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
vi) Cando así se recolla expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderanse destinar a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da beneficiaria.
e) Salvo nos conceptos recollidos na alínea d) anterior, exclúense impostos, taxas e arbitrios, coa excepción do IVE cando non sexa recuperable.
2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros pola beneficiaria. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da beneficiaria antes da finalización do prazo de execución da actuación, e neste momento deberá constar o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.
3. Non obstante o previsto no anterior número 2, tamén poderá ser financiada a obra civil en inmobles sobre os cales exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa, e/ou estean alugados, limitándose, en caso de alugamento a obras de reforma de inmobles xa construídos. No caso de dereito de superficie ou alugamento, as entidades titulares dos inmobles non poderán estar vinculadas á beneficiaria.
4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre a beneficiaria do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria.
5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, logo de petición do solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas», establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite, mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

Cuantía de las ayudas

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme o anexo III das bases.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario

b) O 29 de decembro de 2023, ás 14.00 horas.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Referencia legislativa

Resolución do 3 de xaneiro de 2023 (DOG Nº21 do 31/01/2023) - Bases reguladoras dos préstamos directos

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

Documentación específica que se presentará coa solicitude.
a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade de préstamo.
b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivamento en formato pdf asinado electronicamente, que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
c) En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens, copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.
e) Extractos bancarios de cada una das contas bancarias da solicitante, comprensivos dos catro meses anteriores á data de presentación da solicitude, en formato pdf nativo (descargados directamente da aplicación web da entidade financeira ou facilitados por esta).
f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non a ter que realizar, se é o caso.
g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estaren as actividades situadas en zonas naturais protexidas.
h) Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.
i) Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.
j) Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de alugamento, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).
k) Se é ocaso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir:
– Nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento (importe, prazo, carencia e garantías que se van tomar).
– Nun compromiso firme do financiamento que van achegar os socios, no cal figuren a natureza, o importe e os prazos.

* Documentación específica para esta liña de préstamo:

– Balance con data de fin do último trimestre natural anterior ao da presentación da solicitude do préstamo e conta de perdas e ganancias do período comprendido entre o inicio do exercicio económico e a data do citado balance. Os ditos estados financeiros deberán contar cun informe de auditoría de balance ou, na súa falta, deberá estar conciliado co CIRBE ou coas declaracións de IVE a tales data e período, respectivamente, e cos saldos en contas bancarias.
– Declaración do imposto de sociedades do último exercicio fiscal para o cal rematase o período voluntario de presentación.
– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:
a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).
b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.
c) Xustificación do especial impacto da crise nas actividades da empresa, explicados sobre un balance con data de fin do último trimestre natural anterior ao da presentación da solicitude do préstamo e conta de perdas e ganancias do período comprendido entre o inicio do exercicio económico e a data do citado balance, comparativo con estados financeiros históricos da empresa.
d) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa. No caso de considerar o financiamento de investimentos, xustificar razoadamente que o seu obxecto é a mellora competitiva, a través da produtividade, da redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética.
e) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, coa descrición de funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos doce (12) meses, que describan o seu o contido e o número de traballadores afectados.
– Declaracións de IVE presentadas no exercicio corrente en formato pdf nativo (descargados directamente da web da AEAT).

Observaciones

A beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de novembro de 2024