El plazo de presentación finalizó el 10/10/2022

IG274 - AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUCTURAS LOCAIS PROMOVIDAS POR GRANDES EMPRESAS (INFRAESTRUCTURAS ESTRATÉXICAS ABERTAS) (2022)

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas axudas é o de apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento da contorna das empresas e dos consumidores, e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade. Tras da publicación dunha consulta ao mercado, recadando manifestacións de interese do tecido industrial, obsérvase que hai demanda e disposición desde empresas tractoras galegas cara á creación desta tipoloxía de infraestruturas xerando interesantes posibilidades, facilitando a capacidade financeira do promotor e, por conseguinte, a de xestión solvente das infraestruturas que se van crear, así como apoiarse na capacidade tractora destas grandes empresas para a utilización de infraestruturas estratéxicas polo tecido empresarial e emprendedor de Galicia, polo que, aplicando fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, considérase de interese promover a creación de espazos desde a capacidade executora das grandes empresas galegas.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as sociedades mercantís con domicilio social ou centro de actividade en Galicia, coa forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima que excedan a definición de peme.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en territorio galego.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 40 % dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Que teñan sede social ou algún centro de actividade en Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise.

d) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

Requisitos principales del proyecto

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar a contorna das empresas e dos consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estarán á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.

b) Deberán permitir a utilización por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou do consumo que se realice. Non serán subvencionables os proxectos nos cales o solicitante ou un terceiro utilice de xeito exclusivo ou maioritario a infraestrutura para si ou para a execución de proxectos para terceiros. Para os efectos destas bases considerarase utilización maioritaria por parte dun terceiro á que supere o 75 % da facturación da infraestrutura.

c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.

d) Deberán prestar servizos que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude, ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.

2. Non serán subvencionables os proxectos de desenvolvemento de infraestruturas de investigación, de agrupacións empresariais innovadoras, sistemas urbanos de calefacción e refrixeración enerxéticamente eficientes, infraestruturas de enerxía, reciclaxe e reutilización de residuos, infraestruturas de banda ancha, cultura e conservación do patrimonio, infraestruturas deportivas e recreativas multifuncionais, aeroportos e portos.

3. O investimento global para a creación da infraestrutura deberá ser inferior a 20.000.000 de €.

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan de forma indubidable á infraestrutura subvencionada, e que se materialicen nos seguintes conceptos:

a) Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os que o solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

b) Adquisición de edificacións ou construcións por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable. Poderá superarse esta porcentaxe no caso de que a operación consista, atendendo ao seu obxecto e finalidade, na adquisición de edificacións xa existentes para ser rehabilitadas ou postas a punto para un novo propósito, de modo que o terreo no cal estas se asentan non constitúa o elemento principal da adquisición. Non se considerará que a edificación constitúe o elemento principal dunha adquisición, calquera que sexa o obxecto ou finalidade da operación, cando o valor de mercado do solo exceda o valor de mercado da edificación no momento da compra.

c) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

d) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.

e) Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:

1º. Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.

2º. Deben ter a consideración de activos amortizables.

3º. Deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado. Este punto acreditarase coa declaración expresa da beneficiaria no formulario de solicitude de cobramento.

4º. Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

f) Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados e sempre que o arrendamento teña unha vixencia mínima de 5 anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

Tendo en conta que o obxecto destas infraestruturas é o de dotar de medios avanzados e compartidos ao tecido empresarial, o importe subvencionable conxunto, resultante das letras a), b) e f), non poderán superar o 40 % do investimento subvencionable total.

2. Os bens de equipo adquiridos deberán ser novos ou cumprir os seguintes requisitos:

– Que os bens non fosen obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

– Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, o cal deberá acreditarse mediante certificación de taxador independente.

3. Os investimentos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Para tal efecto, o solicitante deberá achegar unha declaración expresa, incluída no formulario electrónico de solicitude de axuda.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

4. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

5. A beneficiaria deberá adquirir os bens obxecto de investimento en propiedade.

No caso de adquirilos mediante fórmulas de pagamento aprazado, os bens deberán pasar a ser de propiedade plena da beneficiaria antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

6. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

7. Cando algunha parte do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.
Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

8. Cando se dean as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei de contratos do sector público, a entidade beneficiaria deberá cumprir co disposto para os contratos subvencionados.

9. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cuantía de las ayudas

1. O importe da axuda será do 60 % aplicado ao montante dos investimentos subvencionables menos o beneficio de explotación calculado ao longo do período de explotación do negocio definido no punto 4 deste artigo, co límite absoluto de 2.500.000 €.

2. Entenderase como beneficio de explotación para os efectos destas axudas a diferenza entre os ingresos actualizados e os custos de explotación actualizados mentres dure o investimento de que se trate. Para o cálculo utilizarase unha taxa de desconto do 4 %. Se esta diferenza é negativa, o beneficio de explotación será nulo.

3. Entenderase como custos de explotación para os efectos destas axudas os custos de persoal, materiais, servizos contratados, comunicacións, enerxía, mantemento, alugueiros ou administración, excluíndo os gastos de amortización e os custos de financiamento se se cubriron mediante axudas ao investimento (incluída, pero non limitada á presente axuda). En particular, serán considerados custos de explotación:

a) O importe dos seguros que se establecen como obrigatorios no artigo 16.b) destas bases.

b) A amortización correspondente á substitución do investimento subvencionable debido á obsolescencia ou avaría.

c) A amortización correspondente ao reforzo e mellora da infraestrutura, sempre que non se financie mediante axudas ao investimento.

4. A axuda concederase con base no plan de viabilidade que presente o solicitante (segundo o modelo de Plan económico e cálculo da subvención incluído no formulario electrónico de solicitude). O plan de viabilidade referirase a un período de 10 anos desde a posta en marcha da infraestrutura. Se o período de amortización da infraestrutura fose superior aos 10 anos, o valor residual dos activos subvencionados deberá terse en conta para o cálculo do beneficio de explotación, mediante o cálculo do valor neto actual dos fluxos de efectivo nos anos de vida útil restantes do investimento.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Incompatibilidades

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 6 destas bases.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Referencia legislativa

Resolución do 22 de xullo de 2022 (DOG Nº151 do 09/08/2022) - Bases reguladoras e convocatoria 2022
Resolución do 22 de maio de 2024 (DOG Nº104 do 30/05/2024) - Ampliación prazo de execución

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar a solicitude, a persoa representante da sociedade deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto e do investimento proxectado, que se cubrirá no propio formulario electrónico de solicitude, no formato proposto pola aplicación.

b) Se é o caso, memoria dos activos que achega a sociedade para o funcionamento da infraestrutura valorados por experto independente, indicando para cada elemento a data de adquisición ou incorporación, valor ou custo de adquisición e importe da amortización acumulada á data de incorporación á sociedade.

c) As tres ofertas que, debe solicitar o interesado, de acordo co establecido no artigo 5.7 destas bases.

d) No caso de investimento en obra civil deberán achegar os seguintes planos:

1º. Esbozo de localización dentro do termo municipal.
2º. Plano xeral acoutado das instalacións, no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.
3º. Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipo.

e) No caso de reforma en inmobles arrendados, ademais da documentación da letra d), o solicitante deberá presentar o contrato de arrendamento do inmoble, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data prevista de posta en marcha da infraestrutura.

f) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

Observaciones

Ampliado ata o 28 de abril de 2025 o prazo máximo de execución e de xustificación dos proxectos.

O prazo para solicitar anticipos será ata o 15 de novembro de 2022 para os gastos da anualidade 2022, ata o 30 de abril de 2023 para os gastos da anualidade 2023, e ata o 15 de marzo de 2024 para os gastos da anualidade 2024.

O prazo para xustificar os gastos incorridos en 2022 abranguerá ata o 15 de novembro de 2022, en 2023 ata o 15 de novembro de 2023 e en 2024 ata o 1 de xuño de 2024. Os gastos realizados entre o 16 de novembro de 2022 e o 31 de decembro de 2022 poderán ser imputados ao 2023 e os gatos realizados entre o 16 de novembro de 2023 e o 31 de decembro de 2023 poderán ser imputados ao 2024.